Contedor EDLG

Día da Ciencia en Galego

 En maio de 2010 o Decreto de plurilingüísmo para o ensino non universitario de Galicia

obrigaba a impartir en español as aulas de Matemáticas, Tecnoloxía e Física & Química, na etapa da ESO.

Sindicatos e asociacións de profesorado de ensino medio tomaron daquela o acordo de promover o Día da Ciencia en Galego.

Este é o VIII Día da Ciencia en Galego, e esta a nosa reivindicación de que por riba de decretos,

temos o dereito a gozar da ciencia no idioma propio de Galicia.

 

 O EDLG e a Vicedirección do Centro deseñaron unha serie de actividades que incluían

unha conferencia e unha feira científica.

 

  A semana abriuse coa conferencia Nanotecnoloxía aplicada á medicina

a cargo de dúas representantes da Rede Galega de Nanomedicina,

coa colaboración indispensable de Manuel.

 

  Alumnado de Bacharelato, e dos ciclos de Farmacia e Dietética, puido desfrutar da mesma.

 

  E o mércores comezou a gran Feira Científica protagonizada polos Departamentos de

Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, e Música.

Hugo, Aketza, Alba e Mario defenderon o pavillón de Matemáticas.

Ollo con esta rapazada, que parece un tribunal de oposicións!

 

  Nos recreos de mércores e xoves a feira estivo aberta a todo o alumnado do IES Chapela,

pero a 3ª e 4ª hora do mércores recibimos a visita do alumnado de 6º EP dos CEIPs Laredo, Angorén e Igrexa.

 

  Dúas horas e media de curro ininterrompidas ben valen un bocata,

Alba entendeuno así e colleu forzas para facer o seu traballo.

 

  - Adiviñar o número que elixiches é fácil. Código binario, colega!

 

  - En Xeografía e Historia vas coma un tiro Rocío, pero en mates...

Igual che mando a apoio con Karen.

 

- NON É MAXIA, É CIENCIA!! 

 

 O Departamento de Física e Química, comandado por María, foi un dos máis visitados. 

Adrián sinala a camiseta de EU FALAREI, exitoso lipdub gravado no IES Chapela en 2012.

 

 Adrián, Ania e Julio, traballaron arreo toda a xornada

 

 - Mola eh? Non, non está en venta.

 

 Algúns amosaron dotes para a docencia.

Fixádevos a atención conseguida!

 

- Hey teacher! What's the matter? Do you like this?

The next year we can put subtitles in english.

 

- Onde **** vai o porquiño? 

 

- Flipo moito! 

 

O Departamento de Tecnoloxía sacou a relucir toda a súa artillería robótica. 

 

Kenia e Gabriel esforzábanse en transmitir os seus coñecementos ao alumnado dos coles! 

 

 Raúl e Xavier explicaban para que servían os robots.

- Non, non, para cociñar mellor que compres un robot de cociña, unha thermomix.

 

 - Si, si, podes programalos para que che fagan traballos de clase, exames...

Son moi útiles, dicían Icíar e Roi.

 

Carreira robótica, Gran Premio de Chapela.

 

 Begoña díxome: - concéntrate, sente o poder da forza e moverase coa túa mente.

- Levo aquí media hora e isto non anda.

 

 E dixo Ainara: - Malena, o carallo este do robot creo que vai ao baño!

 

 Ollo que isto non é a praza! Carmen e Gala amosaron como facer pilas con limóns!!!

 

 - A min un de limón, e un tropical para o compañeiro.

- Andades despistados nenos, isto son pilas, fixádevos aquí.

 

 A feira foi do máis participativo.

 

 Brais e José Francisco substituíron as súas compañeiras,

e Begoña veu dar un "voltio" a ver se todo estaba ben.

 

Uxío e Manuel, os reis do Cubo Rubik, amosaron a súa destreza ao público asistente. 

 

 Emilia gravou todo o proceso para practicar logo na casa. A próxima semana fainos unha demostración.

 

 Entre o alumnado dos coles había xa algún speedcuber avantaxado.

 

- Miña nai, que difícil é isto!

 

Había cubos de todas as formas, cores e tamaños.

 

 - Como dixo Uxío e Manuel, primeiro unha capa, logo outra... Mañá está acabado.

 

Competición de speedcubers.

 

 O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía con Pepe á fronte, ofreceunos fotografía en relevo.

Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento...

 

 - Hai que collerlle o punto, mozas - dixo Carlos.

 

 A nosa compañeira Begoña deixou por un momento o choio para sumarse á feira.

 

- Oe Reme, ou te "orientas" ou deixa xa de ver polo chintófano,

que teño cola - comentou Abel.

 

 Unha gran parte das lumbalxias comeza así,

con posturas raras. Coidado co lombo, Antonio!

 

 O Departamento de Música sumouse por primeira vez á feira.

Aitor Cabaleiro, Aitor Fernández, Paula, Susi e Lidia.

 

O equipo invadiu o corredor de Apoio e Orientación para desenvolver a actividade.

Grazas a Reme e a Karen!

 

 - Canto sabe esta muller!

 

 Ania abandonou o seu posto en Física e Química

para que Paula puidese facerlle soar o diapasón na cabeza.

 

Non Cristina, nada de sintagmas nominais, aquí só vas escoitar un La!

 

 Aitor Cabaleiro pinchaba son holofónico, en tres dimensións, para todas e todos os visitantes.

Pecha os ollos e concéntrate!

 

 Que guaaaaaaaiiiiiiiiiiiiiiii!

 

 Moooola!

 

 Só con ver esta foto, que coma o resto sacou Belén de Secretaría (grazas),

sabemos que o Día da Ciencia en Galego mereceu a pena,

alumnado que aprende, alumnado que ensina, alumnado que convive

e o sorriso de Lidia, Aitor e Raúl.

ESCOITAR, APRENDER e COMPARTIR

 

 O alumnado dos coles despediuse agradecido

e díxonos que volverían, xa que dentro de nada,

serán elas e eles as monitoras e monitores da nosa feira.

 

 

Moitas grazas, e tamén moitos parabéns, a este equipo formado

polo alumnado, persoal non docente e profesorado do IES Chapela,

que defendeu o dereito a vivir a ciencia en galego!

O próximo ano repetimos! 

 

Mannequin challenge polo galego

FOTOS RODAXE MANNEQUIN CHALLENGE

 

Aí van, todo o mundo a prepararse para o mannequin challenge polo galego. 

 

Gabriel e Iván de percusionistas celtistas.

 

Andrea, Julia, Carmen e Sara a cargo das pandeiretas e cunchas.

 

O persoal non docente xunto a un gandeiro que se achegou á rodaxe.

 

Por se non chegaba coa Rosalía do mural, toma máis.

  

 E máis! Viva Rosalía!

  

Esta xente ten sede! Véselle na cara!

   

 

Estas mozas posaron antes de conxelarse nunha escena de baile.

 

Oe! Como vai a banda azul? Non se daban posto de acordo.

 

As profes de castelán e inglés apostando polo galego, todo un exemplo!

 

Aquí conxelar, conxelar, conxelámonos cando nos van sacar unha foto, eh!

 

Este grupo de rapazas lémbranos que a carreira pola lingua do IES Chapela é unha das máis antigas de Galiza.

Nada menos que vinte anos ininterrompidos.

 

Sandra buscando onde queda Chapela.

 

Achegábase o momento!

 

Laura, Icíar e Claudia tampouco se poñían de acordo en como colocar a bandeira galega.

 

Nunca na vida se viron tantos libros de galego xuntos como no noso mannequin.

 

Bravo Paula! Pedazo letreiro!

 

Máis libros de texto de galego! O Departamento de galego non terá queixa!

 

Lucía e Lara, ALA CELTA!

 

Cong Xin é un crack! Aí o vedes, en primeira liña na defensa do galego!

 

Vai chover! E se chove, que chova! - dixo Nuria.

 

Vaia pose colegas! Que arte e que sorrisos!

 

Nunca Javi e Raúl estudaron tanto galego.

Esta foto había que mandarlla a seus pais.

 

As profes de galego aproveitaron para promocionar a figura de Vicente Risco.

Ou están buscando preguntas para o exame?

 

Unha das poucas escenas da rodaxe.

Queremos aclarar que Nuria, a que fai o pino, é profe de ximnasia.

O resto do profesorado non o podemos facer.

 

Afeccionados do C. B. Breogán chegaron desde Lugo para conxelarse con nós!

 

Ollo, a banda azul da bandeira vai do extremo superior esquerdo, ao inferior dereito!

Ollo tamén co veciño que observa a escena desde a estrada!

Conxelouse por solidariedade co IES Chapela!

 

Moitas grazas a todas e a todos por participardes e pola vosa alegría!

Grazas tamén a Belén por facernos de reporteira gráfica no evento!

ADIANTE COA LINGUA GALEGA!!

Distribuir contido