En maio de 2010 o Decreto de plurilingüísmo para o ensino non universitario de Galicia obrigaba a impartir en español as aulas de Matemáticas, Tecnoloxía e Física & Química, na etapa da ESO. Sindicatos e asociacións de profesorado de ensino medio tomaron daquela o acordo de promover o Día da Ciencia en Galego. Este é o VIII Día da Ciencia en Galego, e esta a nosa reivindicación de que por riba de decretos, temos o dereito a gozar da ciencia no idioma propio de Galicia.
O EDLG e a Vicedirección do Centro deseñaron unha serie de actividades que incluían unha conferencia e unha feira científica.
A semana abriuse coa conferencia Nanotecnoloxía aplicada á medicina a cargo de dúas representantes da Rede Galega de Nanomedicina, coa colaboración indispensable de Manuel.
Alumnado de Bacharelato, e dos ciclos de Farmacia e Dietética, puido desfrutar da mesma.
E o mércores comezou a gran Feira Científica protagonizada polos Departamentos de Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía, e Música. Hugo, Aketza, Alba e Mario defenderon o pavillón de Matemáticas. Ollo con esta rapazada, que parece un tribunal de oposicións!
Nos recreos de mércores e xoves a feira estivo aberta a todo o alumnado do IES Chapela, pero a 3ª e 4ª hora do mércores recibimos a visita do alumnado de 6º EP dos CEIPs Laredo, Angorén e Igrexa.
Dúas horas e media de curro ininterrompidas ben valen un bocata, Alba entendeuno así e colleu forzas para facer o seu traballo.
- Adiviñar o número que elixiches é fácil. Código binario, colega!
- En Xeografía e Historia vas coma un tiro Rocío, pero en mates... Igual che mando a apoio con Karen.
- NON É MAXIA, É CIENCIA!!
O Departamento de Física e Química, comandado por María, foi un dos máis visitados. Adrián sinala a camiseta de EU FALAREI, exitoso lipdub gravado no IES Chapela en 2012.
Adrián, Ania e Julio, traballaron arreo toda a xornada
- Mola eh? Non, non está en venta.
Algúns amosaron dotes para a docencia. Fixádevos a atención conseguida!
- Hey teacher! What's the matter? Do you like this? The next year we can put subtitles in english.
- Onde **** vai o porquiño?
- Flipo moito!
O Departamento de Tecnoloxía sacou a relucir toda a súa artillería robótica.
Kenia e Gabriel esforzábanse en transmitir os seus coñecementos ao alumnado dos coles!
Raúl e Xavier explicaban para que servían os robots. - Non, non, para cociñar mellor que compres un robot de cociña, unha thermomix.
- Si, si, podes programalos para que che fagan traballos de clase, exames... Son moi útiles, dicían Icíar e Roi.
Carreira robótica, Gran Premio de Chapela.
Begoña díxome: - concéntrate, sente o poder da forza e moverase coa túa mente. - Levo aquí media hora e isto non anda.
E dixo Ainara: - Malena, o carallo este do robot creo que vai ao baño!
Ollo que isto non é a praza! Carmen e Gala amosaron como facer pilas con limóns!!!
- A min un de limón, e un tropical para o compañeiro. - Andades despistados nenos, isto son pilas, fixádevos aquí.
A feira foi do máis participativo.
Brais e José Francisco substituíron as súas compañeiras, e Begoña veu dar un "voltio" a ver se todo estaba ben.
Uxío e Manuel, os reis do Cubo Rubik, amosaron a súa destreza ao público asistente.
Emilia gravou todo o proceso para practicar logo na casa. A próxima semana fainos unha demostración.
Entre o alumnado dos coles había xa algún speedcuber avantaxado.
- Miña nai, que difícil é isto!
Había cubos de todas as formas, cores e tamaños.
- Como dixo Uxío e Manuel, primeiro unha capa, logo outra... Mañá está acabado.
Competición de speedcubers.
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía con Pepe á fronte, ofreceunos fotografía en relevo. Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento...
- Hai que collerlle o punto, mozas - dixo Carlos.
A nosa compañeira Begoña deixou por un momento o choio para sumarse á feira.
- Oe Reme, ou te "orientas" ou deixa xa de ver polo chintófano, que teño cola - comentou Abel.
Unha gran parte das lumbalxias comeza así, con posturas raras. Coidado co lombo, Antonio!
O Departamento de Música sumouse por primeira vez á feira. Aitor Cabaleiro, Aitor Fernández, Paula, Susi e Lidia.
O equipo invadiu o corredor de Apoio e Orientación para desenvolver a actividade. Grazas a Reme e a Karen!
- Canto sabe esta muller!
Ania abandonou o seu posto en Física e Química para que Paula puidese facerlle soar o diapasón na cabeza.
- Non Cristina, nada de sintagmas nominais, aquí só vas escoitar un La!
Aitor Cabaleiro pinchaba son holofónico, en tres dimensións, para todas e todos os visitantes. Pecha os ollos e concéntrate!
Que guaaaaaaaiiiiiiiiiiiiiiii!
Moooola!
Só con ver esta foto, que coma o resto sacou Belén de Secretaría (grazas), sabemos que o Día da Ciencia en Galego mereceu a pena, alumnado que aprende, alumnado que ensina, alumnado que convive e o sorriso de Lidia, Aitor e Raúl. ESCOITAR, APRENDER e COMPARTIR
O alumnado dos coles despediuse agradecido e díxonos que volverían, xa que dentro de nada, serán elas e eles as monitoras e monitores da nosa feira.
Moitas grazas, e tamén moitos parabéns, a este equipo formado polo alumnado, persoal non docente e profesorado do IES Chapela, que defendeu o dereito a vivir a ciencia en galego! O próximo ano repetimos!
|
|||