Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de 18 anos, ou que os fagan no ano 2023, e aquelas que cursasen ensinanzas para persoas adultas en cursos anteriores. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre na educación secundaria para persoas adultas, deberán facer os dezaoito anos antes do 28 de abril de 2024.
Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2023, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto nivel. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.
O proceso de matrícula na ESA (Educación Secundaria para persoas Adultas) está regulado pola Resolución do 7 de agosto de 2023 (DOG 23-8-2023). Para o curso 2023-2024 as datas máis importantes son:
– Entre o 1 e o 8 de setembro de 2023 para o primeiro cuadrimestre.
– Entre o 9 e o 19 de xaneiro de 2024 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre