Visita á Casa Galega da Cultura

     O departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Castelao organizou unha saída  didáctica á Casa Galega da Cultura que se celebrou o  30 de xaneiro de 2019. Asistiron todos os grupos de segundo de bacharelato do centro e nela, os anfitrións do acto, Quico Domínguez, director da Fundación Penzol, e Antón Vidal, presidente do Consello de Administración da Editorial Galaxia, realizaron un percorrido sobre a xénese da Fundación Penzol e a súa evolución ata a actualidade, ademais de abrir as portas aos fondos depositados da devandita fundación e os que custodian do fondo pertencente a Francisco Fernández del Riego, alí depositados. O noso agradecemento pola acollida tan xenerosa que nos brindaron.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Visita á Casa Galega da Cultura