Skip to Content

Charla do Pobo Saharaui

O alumnado de 2º de ESO asistiu o pasado martes, día 13, a unha charla na que Maite e Hassan, representantes da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, non só explicaron como é a vida no Sahara Occidenta e nos campos de refuxiados de Tinduf, senón que tamén lles deron a coñecer o proxecto Vacacións en Paz, un programa de acollida de nenos e nenas saharauis nos meses de xullo e agosto.

 

Alerta laranxa 14-4-2018

Mañá, mércores 14 de marzo, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as actividades no exterior. Máis información, na web da Consellería:

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 14 de marzo en Galicia

Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reservas admitidas curso 2018/2019

 

A continuación achegamos as listaxes de reservas admitidas en 1º ESO e 1º de BAC:

 

1º ESO

1º BAC

 

Admisión 2018-19

NORMATIVA APLICABLE

 

  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26 de decembro de 2012) pola que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos
  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Dende o día 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN

 

No caso de que existan máis solicitudes que prazas vacantes, a dirección do centro abrirá un prazo de 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión (dende o día 23 de marzo ata o 5 de abril, ambos os dous inclusive), para que se poida presentar a documentación xustificativa dos méritos alegados para a aplicación do baremo.A dita documentación irá acompañada dunha copia da solicitude de admisión.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro indicado como primeira opción, na que poderán relacionar outros CINCO centros por orde de preferencia.

 

Tamén poderán presentar solicitude mediante formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso ADMISIONALUMNADO (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

 

En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado

 

DOCUMENTOS A PRESENTAR

  1. Impreso de solicitude de admisión (facilitado polo centro, modelo ED550B Anexo II) que tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación “ADMISIÓNALUMNADO” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  2. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando no formulario denegue a súa consulta
  3. Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a

Copia do DNI do alumno/a ou copia da folla do libro de familia onde conste inscrito/a o/a alumno/a ou calquera outro documento oficial que acredite a identidade

  1. Certificado de matrícula expedido polo centro onde esté cursando estudos o/a interesado/a
  2. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso (orixinal e copia)

 

RESOLUCIÓN PROVISIONAL E DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS E NON ADMITIDOS/AS

 

As listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido publicaranse con anterioridade ao 25 de abril e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

As listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido publicarase con anterioridade ao 15 de maio, e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 

  • PRAZO ORDINARIO para ESO e BACHARELATO: do 25 de xuño ao 10 de xullo(Concretaranse as datas concretas para cada curso no taboleiro e na web do centro)

 

  • PRAZO EXTRAORDINARIO para ESO e BACHARELATO: do 1 ao 10 de setembro(Concretaranse as datas concretas para cada curso no taboleiro e na web do centro)

O calendario para a matrícula, especificado por cursos e niveis, será publicado nos taboleiros de anuncios do centro. Se finalizado o prazo, o alumnado non formalizou a matrícula, decaerá no dereito á praza obtida.

 

 

 

 

Concurso Lidera Ferrol 2017

A alumna do noso PFB Jennifer Martínez Rodríguez resultou galardonada co 1º Premio no Concurso Lidera 2017 no apartado de fotografía, categoría de maiores de 21 anos, coa obra A frescura da cerdeira.

Podedes atopar máis información no blog da FP Básica da comarca de Ferrolterra:

Fallado o concurso Lidera-Ferrol 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut