Skip to Content

Maios Canido 2018

 Como todos os anos, a comunidade educativa do IES Canido participou na vida cultural e nas tradicións do noso barrio.

 

Entrega de premios do IV Certame Carmela Loureiro

 

Nesta cuarta edición do certame que premia os mellores textos inéditos, microrrelatos, micropoesías e microteatro, Sara Romaní Yáñez, alumna nosa de 4º de ESO, obtivo o 1º premio na categoría C(2º ciclo de secundaria) co seu relato Un enorme río delas.

O sábado 28 de abril, nun acto que tivo lugar na capela do Centro Cultural Torrente Ballester, o alcalde e o concelleiro de Normalización Lingüística entregáronlle o galardón.

Os nosos parabéns a Sara, que aparece na foto a segunda pola dereita.

Máis información, no Diario de Ferrol.

Ferrol en Lila Mola, cap. 2

 

O alumnado do IES Canido asistiu o pasado 26 de abril á presentación do 2º capítulo de "Ferrol en Lila Mola". Protagonizado por Ángela Ruíz Robles, Marián Bañobre, Patricia Rodríguez e Manuela López, fai unha breve reflexión sobre as mulleres que fixeron e están a facer cousas na nosa cidade.

Viaxe a Atapuerca, Burgos e Bilbao

Compartimos o vídeo da viaxe do alumnado de 1º de bacharelato, elaborado pola compañeira Carmen Cuesta, quen acompañou aos alumnos xunto a Antonio Álvarez.

Reclamación á lista provisional de admitidos para o curso 2018-19

 

Lembramos que o prazo de reclamacións á lista de admitidos no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2018/19 remata o xoves 3 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut