Skip to Content

Conferencia do profesor Aurélio Fabião Ginja

Aurélio Fabião Ginja, profesor na Universidade Politécnica de Moçambique, visitou o noso instituto e o alumnado de 1º de Bacharelato e o de Portugués de 1º de ESO puideron coñecer na súa conferencia diversos aspectos da realidade mozambicana e da tradición oral deste país lusófono africano.

Alumnado de 1º de BAC en Atapuerca

 

O alumnado de 1º de Bacharelato vén de realizar unha viaxe de estudos na que fixo un percorrido pola historia, desde o proceso de hominización visitando Atapuerca, pasando polo Burgos medieval e rematando nunha cidade industrial transformada, Bilbao.

Nesta viaxe foron acompañados polos seus profesores de Filosofía e Historia, Antonio e Carmen.

Participación no Concurso de Relato de Coca Cola

O venres 16 de marzo os alumnos de 2º ESO Noelia Amigo, Irene Fernández e Sergio Pérez acudiron á 58 edición do concurso "Jóvenes talentos de relato corto" na Universidade da Coruña, acompañados pola súa profesora de Lingua Castelá Raquel Ramilo. Desexámoslles moita sorte aos tres!

Admisión 2018-19 e baremación

AVISO IMPORTANTE ADMISIÓN

 

As solicitudes de admisión para os cursos 1º, 3º e 4º da ESO e 2º de BAC non precisan de baremación, polo que non terán que achegar documentación adicional.

 

BAREMACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2º ESO E 1º BAC. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR.

 

De acordo coas instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2018/2019, e debido a que a demanda de prazas é superior a oferta nos cursos de 2º DE ESO e 1º DE BACHARELATO, ábrese o prazo de 10 DÍAS HÁBILES ( 23 DE MARZO A 9 DE ABRIL, AMBOS OS DOUS INCLUSIVE) para presentar de forma presencial no centro a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.

Deberán aportar documentación acreditativa de:

 

  1. Proximidade do centro ao domicilio familiar: Certificación do padrón municipal da unidade familiar.
  2. Valoración da renda per cápita da unidade familiar: Declaración do IRPF do ano 2016. Cando non presentase a declaración do IRPF, Certificación da AEAT (Facenda) onde consten os ingresos.
  3. Certificados de discapacidade (superior ao 33%)  do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecida pola Xunta de Galicia, no seu caso.
  4. Documento acreditativo da condición de familia numerosa.
  5. Condición de familia monoparental.
  6. Nota media obtida no 3º curso da ESO (para solicitudes de Bacharelato).

 

Campións do torneo de brilé

O equipo Gurú-Matamonster, campión do Torneo de Brilé Canido 2018. Parabéns!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut