Boas tardes. Como vos vai na casa? Esperamos que esteades todas e todos ben de saúde.
RECOMENDACIÓNS:
-
O que vos imos propor é algo moi sinxelo e o máis seguro é que o poidades facer vós sos/soas; non imos aprender nada novo, serán cousas que xa destes noutros cursos
-
Seguro que teredes a alguén ao lado para vos botar unha man e orientarvos en caso de dúbida
-
De calquera xeito, á volta habemos de revisar todo o que fixestes e xa afondaremos no que non saia tan ben, non hai problema
LINGUAS:
-
Lectura de textos sinxelos (alternar galego e castelán), dos libros que tedes na casa
-
-
Resumo oral ou escrito dos textos anteriores
-
Contádelles ás persoas da casa esas historias, seguro que lles han gustar
-
Podedes facer un debuxo ou escribir o que vos gustou ou non da historia
-
Explicar por escrito o que facedes no día a día, que é o que máis vos gusta de quedar na casa…, e o que menos
-
Pedídelle a algún adulto que vos faga un pequeno ditado, en galego e en castelán, dos textos dos caderniños ou dos libros de texto
MATEMÁTICAS:
-
Xogar a mercar e dar as voltas cos euros, como facíamos na aula
-
Repasar as horas do reloxo dixital e analóxico
-
Contar cara adiante e cara atrás
-
Contar de 2 en 2, de 3 en 3, etc. en orden ascendente e descendente
-
Series de números
-
Sumas e restas levando e sen levar
-
Multiplicacións e divisións
-
Repasar as táboas de multiplicar
XOGOS DIDÁCTICOS:
-
Parchís, oca, xadrez
-
Xogos de cartas: “escoba”, chinchón,...
-
Crucigramas, sudokus,...
-
Seguro que tes xogos na casa para pasar un bo rato cos teus
-
Xogos (gratis):
-
-
Seguro que vós xa coñecedes moitos máis
CURIOSIDADES
E se queredes curiosear algo sobre o Entroido 2020 no IES Canido, botádelle unha ollada á páxina web do instituto: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescanido/
Museos:
Museos virtuais en Galicia https://museos.xunta.gal/gl/visitas-3d-museos
· Museo Pedagóxico de Galicia https://my.matterport.com/show/?m=yETqPH1m9Cx
· Centro Galego de Arte Contemporáneo https://museos.xunta.gal/gl/visitas-3d-museos
Museos de Galicia https://museos.xunta.gal/gl/museos
1. Museo Naval, Ferrol https://museos.xunta.gal/gl/museo-naval-ferrol
2. Casa das Ciencias, Coruña https://museos.xunta.gal/gl/casa-ciencias
3. Domus, Coruña https://museos.xunta.gal/gl/domus
TELEVISIÓN:
O IMPORTANTE É QUE NON DEIXEDES DE TRABALLAR UN POUCO CADA DÍA
Unha aperta enorme para todas e todos!! Verémonos pronto!!!
Para calquera dúbida, podedes enviarnos un correo a:
iescanido.pt@gmail.com