Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, o profesorado tivo que poñer as cualificacións do alumnado co traballo e probas realizadas ata o día da suspensión das aulas, como así o indicou a Consellería de Educación.
Como moitos contidos traballados durante a segunda avaliación quedaron pendentes de avaliar, pretendemos aclarar as posibles dúbidas do alumnado sobre se debe seguir repasándoos ou debe centrarse en contidos novos. Por iso, nos seguintes enlaces atópase dispoñible a información do profesorado de cada materia sobre se eses contidos pasan a formar parte da terceira avaliación e ser obxecto dalgún tipo de proba ou ben xa se consideran avaliados.
O martes 14 de abril comezaremos a terceira avaliación a distancia. Informaremos á volta da Semana Santa da organización das clases, pero sempre tendo en conta que aínda non temos ningunha certeza por parte das autoridades de como se vai desenvolver o resto do curso. Toda a información proporcionada fica supeditada aos posibles cambios debidos á situación actual.
Para calquera dúbida, estaremos á súa disposición no correo electrónico do centro: ies.canido@edu.xunta.es
Moitas grazas e moito ánimo!
INFORME 2º ESO A INFORME LINGUA GALEGA 2º ESO
INFORME 3º ESO A INFORME LINGUA GALEGA 3º ESO INFORME PLÁSTICA 3º ESO