Skip to Content

RECITADO DE POESÍA

O alumnado de 3º  de ESO participou no Recitado que pecha o ciclo " Teatro con G" da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. O acto tivo lugar na Capela do Torrente Ballestes o pasado 30 de outubro.

Aquí podedes ver a súa actuación.

 

REUNIÓN INICIAL DE NAIS E PAIS COS TITORES

 

 

Comunícase que o vindeiromércores, día 23 de outubro, está convocada a reunión inicial entre as nais e pais e os titores.

    Horario: 

                  17.00 h : 1º de ESO

                  17.15 h :  2º de ESO

                  17.30 h : 3º de ESO

                  17.45 h :  4º de ESO

                  18.00 h : 1º de BACH

                  18.15 h :  2º de BACH

INAGURACIÓN DO PROGRAMA FORMATIVO BÁSICO

O venres, 27 de setembro, no  Centro Cultural Torrente Ballester, inaugurouse o Programa Formativo Básico, no que participa o noso instituto.

PREME PARA VER A NOTICIA EN DIFERENTES MEDIOS:

Blogue do PFB

Web do Concello

Diario de Ferrol

ENTREGA DE LIBROS DE 4º DE ESO E 1º DE ESO

Os solicitantes (pai/nai/titor ou titora legal) das axudas do fondo de libros do alumnado de 4º de ESO e de 1º de ESO aos que aínda non se lles entregaran (por ser de adquisición complementaria) poderán recollelos o xoves, 26 de setembro, entre as 10:10 e as 12:10 no salón de actos do centro. En caso de que as persoas solicitantes non poidan acudir, poderá recollelos o alumno ou alumna se porta a debida autorización asinada polo solicitante da axuda.

ENTREGA DE LIBROS 3º DE ESO

Os solicitantes (pai/nai/titor ou titora legal) das axudas do fondo de libros do alumnado de 3º de ESO poderán recollelos o MARTES, 24 DE SETEMBRO, entre as 11:00 e as 13:00 no salón de actos do centro. En caso de que as persoas solicitantes non poidan acudir, poderá recollelos o alumno ou alumna se porta a debida autorización asinada polo solicitante da axuda.

Distribuir contido


by Dr. Radut