Club de lectura
"Donde los árboles cantan" de Laura Gallego, vindeira lectura do Club
Enviado por Anónimo o Xov, 06/11/2014 - 12:30A vindeira lectura do club é: | ||
"Donde los árboles cantan" S.M., 2012 |
||
Algunhas historias escóitanse... outras vívense. Viana, a única filla do duque de Rocagrís, está prometida ao mozo Robian de Castelmar dende que ambos os dous eran nenos. Os dous ámanse e casarán en primavera. Non obstante, durante os festexos do solsticio de inverno, un arisco montaraz advirte ao rei de Nortia e os seus caballeros da ameaza dos bárbaros das estepas e tanto Robian coma o duque vense obrigados a marchar á guerra. En tales circunstancias, unha doncela como Viana non pode facer outra cousa que esperar o seu regreso e, talvez, poñer atención ás lendas que se contan sobre o Gran Bosque o lugar onde as árbores cantan. |
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 13 de xaneiro, |
||
Axiña terás novos exemplares na biblioteca do centro. |
"Palabras de auga" de Marcos Calveiro, primeira lectura do curso
Enviado por Anónimo o Xov, 02/10/2014 - 10:58A vindeira lectura do club é: | ||
"Palabras de auga" Ed. Xerais, 2012 |
||
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor. Fonte: Ed. Xerais |
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 4 de novembro, |
||
Axiña terás un exemplar na biblioteca do centro. |
Reunión do Club de Lectura Raíña Lupa
Enviado por Anónimo o Mér, 24/09/2014 - 10:54Se queres formar parte do club de lectura Raíña Lupa durante este curso, anótate ou confirma a túa continuidade na biblioteca nun dos recreos.
Xuntarémonos o mércores 1 de outubro no segundo recreo no punto de encontro, ao lado do taboleiro do Club de Lectura (en fronte da Secretaría).
"Kafka e a boneca viaxeira", vindeira lectura do Club
Enviado por Anónimo o Xov, 22/05/2014 - 10:01A vindeira lectura do club é: | ||
"Kafka e a boneca viaxeira" Galaxia, 2012 |
||
Velaquí un libro que fala dun misterio: o que xunguiu o escritor Franz Kafka cunha nena que perdera a súa boneca. Para consolala, o grande escritor foille contando, a través de cartas, o periplo polo mundo da boneca perdida. Fonte: Ed. Galaxia |
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 17 de xuño. |
||
Tedes dous exemplares da obra na biblioteca, un en galego e outro en castelán. |
Nova lectura do club: "Las luces de septiembre"
Enviado por Anónimo o Mér, 30/04/2014 - 10:44A vindeira lectura do club é: | ||
"Las luces de septiembre" Planeta, 2013 |
||
Un misterioso fabricante de xoguetes que vive recluído nunha xigantesca mansión poboada de seres mecánicos e sombras do pasado... Un enigma en torno a estrañas luces que brillan entre a néboa que rodea o illote do faro. Unha criatura de pesadelo que se oculta no máis profundo do bosque... Fonte: Carlos Ruiz Zafón |
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 20 de maio. |
||
Tedes dous exemplares da obra na biblioteca |
Nova lectura do club: "Cartas de inverno"
Enviado por Anónimo o Ven, 28/02/2014 - 12:25A vindeira lectura do club é: | ||
"Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz Ed. Xerais, 2007 |
||
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995. Fonte: Ed. Xerais |
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 25 de marzo. |
||
Os que non entregastes a autorización na reunión pasada traédea para cubrir a nova data. |
"A evolución de Calpurnia Tate" , vindeira lectura do Club Raíña Lupa
Enviado por Anónimo o Ven, 17/01/2014 - 11:24
A próxima lectura do curso é: |
|
"La evolución de Calpurnia Tate" = "A evolución de Calpurnia Tate" |
|
Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista.
|
|
|
|
Xuntarémonos para comentalo o martes 18 de febreiro |
|
Dispoñemos de exemplares na biblioteca do centro |
Nova lectura para o club: "Engurras" unha novela gráfica de Paco Roca
Enviado por Anónimo o Xov, 21/11/2013 - 10:35
A próxima lectura do curso é: |
||
"Arrugas" = "Engurras" de Paco Roca Astiberri, 2011 :: El Patito Editorial, 2012 |
||
O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969) consegue artellar en Engurras unha narración baseada na humanidade dos personaxes, de aí que poida interesar a lectores de calquera idade malia falar da dexeneración senil e do alzhéimer. Emilio, un antigo empregado da banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e aos poucos vai aceptando ese novo domicilio, as súas regras e as rutinas diarias. Mais a súa memoria comeza a se borrar, por moito que tente contrarrestar ou agochar os efectos da enfermidade. Engurrasconta con precisión e dende unha ollada intimista non exenta de dureza esa batalla contra a vellez, ata que as súas páxinas se volven totalmente brancas. Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008 e que conta xa con adaptación ao cinema.
|
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 14 de xaneiro de 15:15 a 16:15 h. |
||
Dispoñemos de exemplares na biblioteca do centro |
Primeira lectura do curso no Club Raíña Lupa
Enviado por Anónimo o Ven, 04/10/2013 - 10:45A primeira lectura do curso é: | ||
"As voces baixas" de Manuel Rivas Ed. Xerais, 2012 |
||
Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres que falan soas, os mortos, os animais... É a ironía a que sostén as palabras, a que terma das «voces baixas» para que non se afundan, para que resistan e mesmo procuren unha segunda vida á marxe das relacións de dominio e poder, nun entroido existencial. En As voces baixas o eu anda á procura do nós. É un libro no que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva. Dende o primeiro medo, o que lle provocan uns cabezudos que resultan ser figuras dos Reis Católicos, o narrador asiste á descuberta da vida por mor da existencia extraordinaria da xente do común. O barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz do faro de Breogán, a prisión provincial, o cemiterio de Santo Amaro, o poboado céltico, o Monte Xalo onde as nenas pastoras pisan o sol, a escaleira onde os nenos clandestinos escoitan os murmurios da imaxinación... Unha xeografía real para un pobo marabilloso: as «voces baixas» que non queren dominar e que se alimentan de contos. Fonte: Ed. Xerais |
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 5 de novembro de 15:15 a 16:15 h. |
Reunión do Club de Lectura Raíña Lupa
Enviado por Anónimo o Mér, 25/09/2013 - 09:48Se queres formar parte do Club de Lectura durante o curso 2013-2014, anótate na Biblioteca nun dos recreos. Axiña comezaremos coas xuntanzas, onde escolleremos un libro que leremos e comentaremos, poñendo en común as nosas opinións.
A primeira reunión será o mércores 2 de outubro no segundo recreo na sala de exposicións (ao lado da cafetería).