"Palabras de auga" de Marcos Calveiro, primeira lectura do curso

A vindeira lectura do club é:
Carátula
 

"Palabras de auga"
de Marcos Calveiro

Ed. Xerais, 2012

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

Fonte: Ed. Xerais

 

Xuntarémonos para comentalo o martes 4 de novembro,
de 15:15 a 16:00 h.

Axiña terás un exemplar na biblioteca do centro.