Club de lectura
PARABENS POLO MERECIDO PREMIO O NOSO CLUB DE LECTURA!!
Enviado por Dirección o Lun, 02/10/2023 - 21:04O noso club de Lectura "LiBRIONesxs" foi galardonado co 2º Premio na súa categoría polo Ministerio de Educación e Formación Profesional!. Nesta convocatoria na que se presentaron máis dun cento de clubs de lectura de todo o estado foron premiados os clubs de lectura que destacaron o fomento da lectura como factor dinamizador das actividades que irradian dende a biblioteca.
Lectura para o mes de xuño
Enviado por Anónimo o Lun, 16/05/2016 - 10:22
El curioso mundo de Calpurnia Tate
Jaqueline Kelly
Ed. Roca
Xuntarémonos na biblioteca para comentala o martes 14 de xuño de 15:15 a 16:00 h. |
Lectura para o mes de maio
Enviado por Anónimo o Ven, 15/04/2016 - 09:29
A casa de Mango Street
Sandra Cisneros
Sushi Books
Xuntarémonos na biblioteca para comentala o martes 10 de maio de 15:15 a 16:00 h. |
Lectura para abril
Enviado por Anónimo o Lun, 14/03/2016 - 11:52
IlustrísimaCarlos Casares
Galaxia
Xuntarémonos na biblioteca para comentala o martes 12 de abril de 15:15 a 16:00 h. |
Lectura para o Entroido
Enviado por Anónimo o Lun, 25/01/2016 - 11:45
Malala. Mi historiaMalala Yousafzai con Patricia McCormickAlianza Ed., 2015Xuntarémonos na biblioteca para comentala o martes 23 de febreiro de 15:15 a 16:00 h. |
Lectura para a volta do Nadal
Enviado por Anónimo o Lun, 14/12/2015 - 12:20
A neve interminablede Agustín Fernández PazEd. Xerais. 2015Xuntarémonos na biblioteca para comentala o martes 12 de xaneiro de 15:15 a 16:00. |
Última xuntanza do curso do club de lectura
Enviado por Anónimo o Xov, 04/06/2015 - 10:21
O martes 16 de xuño xuntarémonos co club de lectura do CEIP de Pedrouzos e xantaremos na Carballeira de Santa Minia. Quedamos ás 14:05 h. neste punto de encontro. |
"La lección de August" de R. J. Palacio, vindeira lectura do club
Enviado por Anónimo o Xov, 07/05/2015 - 09:32A vindeira lectura do club é: | ||
"La lección de August" Nube de Tinta, 2014 |
||
«Todos deberiamos recibir unha ovación polo menos unha vez na nosa vida, porque todos vencemos ao mundo.» A faciana de Auggie faino distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza baixa tratando en van de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios afogados e golpes de asombro. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compañía da súa familia, a súa cadela Daisy e as incribles historias de "A guerra das Galaxias". Este ano todo vai trocar, porque este ano vai ir, por primeira vez, á escola. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: medrar na adversidade, aceptarse tal e como é, sorrir aos días cincentos e saber que, ao final, sempre encontrará unha man amiga. |
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 19 de maio |
||
Hai varios exemplar na biblioteca do centro. |
"A viaxe de Gagarin" de Agustín Fernández Paz, vindeira lectura do club
Enviado por Anónimo o Ven, 06/02/2015 - 12:29A vindeira lectura do club é: | ||
"A viaxe de Gagarin" Xerais, 2014 |
||
Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo. Fonte: Edicións Xerais de Galicia |
||
|
||
Xuntarémonos para comentalo o martes 24 de marzo |
||
Hai un exemplar na biblioteca do centro. |