Club de lectura

Novo BLOG do club de lectura Raíña Lupa do IES de Brión

O club de lectura ten blog de seu, para expresarnos e darnos a coñecer na Internet 2.0. Visita: clublecturarainhalupa.blogspot.com.

Persépolis de Marjane Satrapi, Lectura para a próxima reunión

 Persépolis    
 
 

Persépolis está escrita y dibujada por Marjane Satrapi y fue publicada originalmente en Francia por la editoral independiente L'Association. El cómic está realizado en blanco y negro y consta de cuatro entregas, aparecidas en su país de origen entre noviembre de 2000 y septiembre de 2003 como álbumes de 76, 88, 96 y 104 páginas respectivamente, con un tamaño aproximado de 17x24 cm (más pequeños que el formato de álbum francobelga tradicional). Una vez finalizada, L'Association editó un volumen integral recopilando la obra completa. En España ha sido publicada por Norma Editorial en castellano y catalán.
Na biblioteca tedes os catro volumes separados e dous exemplares máis da obra integral.

DATA DA XUNTANZA PARA COMENTAR ESTE CÓMIC:
MARTES 25 DE MAIO

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::: Coñece o BLOG do Club de Lectura: Preme nesta ligazón :::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Lectura para a próxima reunión do Club de Lectura

Pel de lobo  

Xosé Miranda

PEL DE LOBO

Ed. Xerais. Fóra de Xogo

Ano 2002. 101 páxinas

Hai cinco exemplares na biblioteca (dispoñibles dous a data 11/02/10).

O venres 12 de febreiro (no primeiro recreo) poñeremos a data da próxima reunión.

SINOPSE da obra:

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Xosé, un mozo de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume.

 

 

     

Lecturas para a próxima reunión

Con vistas al cielo  

Con vistas al cielo

Autora: África Vázquez Beltrán Editorial: Ediciones SM
Páginas: 213
Precio (con IVA): 7.30 €

Alba está decidida: quiere saberlo todo sobre su abuelo Martín, que murió en Auschwitz-Bikernau en 1944. Noah, un chico polaco al que acaba de conocer está dispuesto a ayudarla. Juntos intentarán reconstruir la vida de Martín entre los libros de historia y recuerdos familiares. Sin embargo, hay algo en Noah que Alba no acaba de comprender.

Con esta novela, merecedora del Premio Jordi Sierra i Fabra 2008 para jóvenes escritores, África Vázquez Beltrán (de 17 años) mezcla el relato histórico con la novela de fantasía, construyendo una trama donde la intriga va creciendo desde la primera página.

 

 

 

 
 Canción de Jan  

La canción de Jan

Autora: Maureen Myant

Editorial:

Debolsillo (8,95 €) / Grijalbo (18,50€)

Páginas:

Debolsillo (288) / Grijalbo (284)

Jan, un niño de once años, superviviente de la matanza y destrucción de la aldea de Lidice (en Checoslovaquia), huye del centro de internamiento donde se encuentra para buscar a su hermana de dos años, entregada en adopción a una familia aria.

Qué comentan los lectores:

Linda Lotte

Aunque el final es demasiado apresurado, la historia de Jan nada tiene que envidiar a la del Bruno de Boyne...Muy recomendable para toda la familia.

josep colomer hill

Una conmovedora historia de un niño de once años, al que la guerra corta de raíz su inocencia. Su lectura es rápida y amena, con una buena descricpción de los personajes, a los que llegas a querer, comprender y compadecer, según sea el personaje. Una historia en la que también cabe la solidaridad, la brutalidad y las casualidades -o no- de la vida. Un placer leerla, aunque el final es un poco, si no postizo, sí apresurado. Podría habérsele sacado mucho más jugo. Te sabe a abandono de la historia, a precipitación. De todos modos, una gran primera obra de la autora.
LA RECOMIENDO.

raul Golvano

Muy agradable su lectura, me ha sorprendido gratamente, quizas el final es un poco más flojo que toda la historia desarrollada a lo largo del libro. Recomendable.

TIATINA

Me ha gustado, y ha gustado a mi familia también. Creo que es la primera novela de esta escritora, amena, fácil de leer, bien estructurada, con pintadas dramáticas pero en ningún caso despreciables o fuera de lugar. Una visión pseudoptimista del horror nazi (por el final).

fuente: http://www.casadellibro.com/libro-la-cancion-de-jan

 

DATA DA PRÓXIMA REUNIÓN : 19 de xaneiro


Lembrade que o xoves 19 de novembro quedamos en xuntarnos ás 3 da tarde para ver a película "Te doy mis ojos".
Tedes que traer a autorización antes dese día.

 

O inferno de Marta, primeira lectura do curso

O inferno de Marta  

"O inferno de Marta" de Pasqual Alapont

Ed. Xerais de Galicia, Col.: Fóra de Xogo. Ano 2004

194 páx.

Temos a reunión para comentar o libro a tarde do martes 3 de novembro, de 3 a 4.

     

Dúas cartas de resposta para Mónica (1) das lectoras do club

 Cartas  Querida Mónica:
Cando empecei a ler o teu e-mail, sorprendeume moito e sentinme un
pouco incómoda ata que puiden entenderte ben. Agora que o fago, dígoche
que xa non me sinto incómoda e que, por suposto, podemos seguir sendo
amigas como o eramos antes, e mesmo, como ti dixeches, un pouco máis ao
compartir un segredo coma este, porque iso seguirá sendo: un segredo.
Sabes que podes confiar en min e prométoche, como boa amiga, que non
llo contarei a ninguén. Entendo que che sexa difícil contarmo e que non
llo queiras dicir a ninguén máis, sobre todo no instituto. Por este
motivo, quéroche dar as grazas por confiar en min e contarmo. Pero non
creo sinceramente que debas ter vergonza por iso. Xa sabes que hoxe en
día é moi normal.
Ágora compréndoo todo con máis claridade: porque ti case non estabas
nunca connosco no noso grupo de amigas e sempre procurabas illarte, e
non te implicabas nas conversas, cando estas trataban dos rapaces que
nos gustaban.
Por último, quero que saibas que contas coa miña axuda no pouco que che
poida axudar e tamén coa miña amizade e absoluta confidencialidade para
gardar o teu segredo.
Bicos.
Clara
 

Ola, Mónica:
Alegroume moito ler o que me contas no teu correo porque comezaba a
pensar que cheirabamos mal ou que nos tiñas xenreira por algún motivo
que non entenderiamos.
O que si podo entender, grazas a Sara, é o que me contas pois atópase
na mesma situación ca ti pero dende hai un pouco máis de tempo.
Ultimamente dicíame que ti lle atraías moito, pero que tiña un medo
tremendo a contarcho pois pensaba que ías reaccionar coma se ela fose
un becho raro.
A min dáme igual o que sexas, es a miña amiga e non deixaras de selo
nin te criticarei polos teus gustos. Para min non cambia nada e o feito
de que mo digas é unha proba da túa amizade.
Eu, se fose ti, quedaría con Sara e falaría con ela. E creme: nin llo direi a ninguén nin me incomodara o caso.
Seguirei sendo a túa amiga. Un bico.
Clara

(1)
Mónica é a autora do correo enviado a Clara no capítulo “Confesión” do libro Cartas de amor de Fran Alonso.

 Letters
 

Reunión do 13 de maio

Fran AlonsoO pasado mércores 13 de maio tivemos unha reunión do club de lectura para falar de Cartas de amor de Fran Alonso. Para as persoas que faltastes, aquí tedes unha síntese do que comentamos:

- Comparamos como se enfoca o tema da guerra en Desde as tebras e máis en Guerra, e chegamos á conclusión de que as secuelas dunha guerra, varios anos despois, son tan terribles como o propio conflito.
- Tamén falamos do tema da inmigración e do diferente que é emigrar ao noso país sendo marroquí ou uruguaio segundo se reflicte en Ilegal e en Lonxe.
- A carta titulada Sáhara, améndoa amarga levounos a comentar a situación política tan anómala que vive este... ¿país? e a explicar por que existen os campos de refuxiados.
- Quedamos en que podiades escribir unha carta de resposta a Mónica como se fósedes Clara (Confesión). A data límite para entregarlla a Mercedes é o luns 25 de maio.

Vimos tamén dous vídeos de Fran Alonso: un no que lle fala a un club de lectura sobre esta obra e outro no que explica por que comezou a escribir. Os dous están en YouTube (buscar: Fran Alonso "Cartas de amor" e Fran Alonso "Por que comecei a escribir?").

Antes de rematar o curso, imos facer dúas actividades máis. Avisaremos das datas nesta páxina, no taboleiro da nosa zona de lectura e na porta da biblioteca. Permanecede atentos.

Próxima lectura para o 13 de maio: "Cartas de amor" de FRAN ALONSO

 Cartas de amor     Unha nova lectura para o Club: Cartas de amor, de Fran Alonso. Reproducimos aquí o comentario de Cultura Galega.org:
"As historias deste libro nacen a partir de cartas de amor. Pero non
son cartas de amor convencionais. O amor ou o desamor son as desculpas
que nos permiten coñecer as dramáticas circunstancias que rodean ás
mulleres que as escriben. De feito, os verdadeiros protagonistas das
cartas son a pobreza, a guerra, a inmigración, o franquismo, a
violencia, a prostitución, a presión social, a integración...
E quen escriben as cartas son mulleres que viven circunstancias vitais
-persoais ou sociais- moi difíciles, ás que se enfrontan con valentía.
Este é un libro contundente pero tenro, un canto á vida e á dignidade."
     

Fragmentos. Día do libro.

Podedes usar os documentos adxuntos como plantillas para escribir os fragmentos escollidos e a súa referencia.

23 de Abril, Día Intermacional do Libro

Día do libro

Como xa sabedes, o día 23 de abril é o Día do Libro. As persoas que formamos o CLUB DE LECTURA queremos compartir con vós fragmentos dos nosos libros preferidos.
Aproveitando unha idea do relato de Agustín Fernández Paz titulado "Un río de palabras" -publicado no seu libro "O único que queda é o amor"-, imos colocar na entrada do instituto anuncios cos textos, autores e títulos que escollemos.
Esperamos que vos "contaxien" e gocedes coa lectura dos fragmentos e dos libros tanto coma nós.

Distribuir contido