Actividades
VISITA A SOTAVENTO
Enviado por Anónimo o Sáb, 18/10/2014 - 23:31Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía organizamos a visita ao Parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o pasado día 17 de outubro, para o estudo das enerxías renovables e coñecer o funcionamento dunha vivenda bioclimática.
ACTO DE DESPEDIDA 2º BACHARELATO
Enviado por Anónimo o Mér, 11/06/2014 - 16:00Acto de final de curso |
2º de Bacharelato: promoción 2013/14 |
Encontro das promocións de Bacharelato: 2009/10, 2010/11 e 2011/12 |
Salón de actos do IES de Brión |
Venres 13 de xuño, ás 19:00 horas |
O venres día 13 de xuño ás 19:00 horas terá lugar na aula de usos múltiples do IES de Brión un acto de remate de curso para o alumnado de 2º de Bacharelato e as súas familias.
Tamén están convocados a esta xuntanza os alumnos e alumnas das tres primeiras promocións (2009/10, 2010/11 e 2011/12) de Bacharelato do instituto.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Enviado por Anónimo o Sáb, 17/05/2014 - 13:48As actividades programadas de conmemoración do día das Letras Galegas, en colaboración co Concello de Brión son:
- "DÚAS LINGUAS, UNHA HISTORIA", o 12 de maio ás 11:15 para 1º de ESO
- "CONTOS LITERARIOS", o 19 de maio, ás 11:20, para 2º de ESO
- "NIMBOS", o 21 de maio, ás 11:20, para 4º de ESO e 1º de Bacharelato
Para máis información sobre as actividades, preme na seguinte ligazón
SOBRE GALICIA INDUSTRIAL
Enviado por Anónimo o Xov, 24/04/2014 - 16:49O IES de Brión acolle desde o 22 de abril ata o 6 de maio a exposición "Sobre Galicia Industrial".
A exposición forma parte do proxecto Intercentros de de educaBarrié do 2013, "Sobre Galicia Industrial" , que xorde a partir da exposición orixinal da Fundación Barrié "Galicia Industrial". Galería de imaxes da exposición orixinal. Documental da exposición "Galicia Industrial"
Para máis información sobre o proxecto podes ver o seguinte vídeo:
SAÍDA EDUCATIVA FIN DE ETAPA
Enviado por admin o Lun, 07/04/2014 - 00:1727 alumnos e alumnas de 4º ESO participan este ano na saída educativa fin de etapa.
Comezaron a súa viaxe o pasado sábado 5 de abril, e voltarán o vindeiro venres 11.
Visitarán Salamanca, Ávila, Toledo e Segovia.
Vista do embalse de Aldeadávila, Aldeadávila de la Ribera, Salamanca. Situado no Parque Natural de Arribes del Duero.
Vista das torres da fachada da Universidad Pontificia de Salamanca dende o patio interior da Casa de las Conchas
VISITA Á CASA DAS CIENCIAS, MUNCYT E ACUARIO
Enviado por Anónimo o Xov, 20/03/2014 - 16:10Os departamentos de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía organizamos na cidade de A Coruña as visitas a:
para o alumnado de 2º de ESO, o martes, 1 de abril do 2014, de 8:30 a 17:55 horas
VISITAS A CENTROS DE INVESTIGACIÓN
Enviado por Anónimo o Mar, 18/03/2014 - 23:57O alumnado de Ciencias de Bacharelato visita durante esta semana varios centros de investigación do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela:
- O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, o 19 de marzo visita o CITIUS ( Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) e o CIQUS ( Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares)
- O alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato, visita o 21 de marzo o IDIS ( Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela)
VISITA AO CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO
Enviado por Anónimo o Xov, 30/01/2014 - 14:07O departamento de Orientación organiza a visita ao CIFP Politécnico de Santiago para coñecer os Ciclos de FP ofertados no centro, para o vindeiro 13 de febreiro do 2014, dentro da Semana de Portas Abertas
Fonte: CIFP Politécnico
EXPO METEORO
Enviado por Anónimo o Mar, 21/01/2014 - 01:27Estes días contamos no Instituto coa exposición " EXPO METEORO" unha exposición de meteoroloxía realizada por Meteogalicia, con paneis onde se explica a diferenza entre tempo e clima, os
factores que determinan o tempo, as magnitudes e aparellos para medilo, a
predición do tempo, as nubes, a lingua relacionada co tempo...
CONFERENCIA: "ORIXE E CONSECUENCIAS SOCIAIS DA CRISE ECONÓMICA"
Enviado por Anónimo o Mér, 15/01/2014 - 10:50O vindeiro 6 de febreiro Jaime Barreiro Gil, profesor de Historia e Instituciones Económicas da Universidade de Santiago de Compostela,impartirá para o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato unha conferencia sobre a "ORIXE E CONSECUENCIAS SOCIAIS DA CRISE ECONÓMICA", entre as 11:15 e as 12:05 horas, na aula de usos múltiples do instituto.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »