Actividades
BLACK SHADOW
Enviado por admin o Lun, 01/02/2016 - 23:56Black Shadow é unha curtametraxe realizada no curso 2014/15 polo alumnado que asistiu ao taller de cine do IES de Brión que dirixe a profesora Ana Cadenas. Este traballo foi concibido e realizado integramente polo alumnado participante (guión, gravación, montaxe, música…) con recursos escasos, pouco tempo, presuposto cero e moita colaboración por parte de alumnado e profesorado.
De que vai? Pois do último día de clase dun profe de inglés . Tedes que vela.
A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC
Enviado por Anónimo o Xov, 21/01/2016 - 10:10Dentro do programa " A ponte entre o ensino medio e a USC", no que participa o IES de Brión están programadas as seguintes actividades:
Charlas temáticas:
- " Impacto do radón en Galicia", impartida por Dolores Cortina Gil, o 14 de xaneiro de 11:15 a 12:05 para o alumnado de 4º de ESO, 1º de Bacharelato e 2º de Bacharelato.
- "Modelado 3D de obxectos reais por xóvenes escolares", impartida por Juan Ortiz Sanz, o 27 de xaneiro de 10:25 a 11:15, para o alumnado de 4º de ESO.
- " O control da información nos medios de comunicación: a censura e a manipulación", impartida por Xosé Soengas, o 5 de febreiro de 12:25 a 13:15 horas, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato
- " A ponte entre o ensino medio e a USC", o 11 de febreiro de 11:15 a 12:05, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
Visita á USC, o día 3 de febreiro de 9:15 a 14:05, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Enviado por Anónimo o Mér, 04/11/2015 - 20:00O Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración co Departamento de Bioloxía e TIC organizan a Videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" impartida por Xurxo Mariño, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de Ciencias.
A videoconferencia tivo lugar o mércores 4 de novembro de 12:30 a 13:30 h. na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do VI día da Ciencia en Galego.
Xurxo Mariño Alfonso é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.
Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por Anónimo o Mar, 03/11/2015 - 10:13O Departamento de Filosofía e o Equipo de Dinamización Lingüística organizan unha visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o martes, 15 de decembro de 11:00 a 13:30 horas.
Exposición FiloComic
Enviado por Anónimo o Lun, 26/10/2015 - 16:54A exposición FiloComic estará durante tres semanas na sala de exposicións do noso IES.
Podedes atopar a información relativa ao contido da exposición na ligazón que aparece debaixo da fotografía da sala de exposicións.
TALLER DE INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN
Enviado por Anónimo o Xov, 01/10/2015 - 16:31
O día 15 de outubro tivo lugar no IES de Brión a actividade "Talleres de introdución á programación", para o alumnado de 2º e 3º de ESO dentro do programa DÍA DO CÓDIGO NO TEU COLE. EDUCAR PARA INNOVAR, da SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, organizada pola Deputación da Coruña, a UDC e Europe Direct.
A nova na prensa:
El Correo gallego, publicou: "A semana europea da programación busca desde Brión talento"
Código cero, publicou: "Un cento de estudantes de Brión metéronse de cheo na programación"
O IES de Brión participa na "I Competición de Robots" da EEI da Universidade de Vigo
Enviado por admin o Xov, 23/04/2015 - 17:33
. O venres 24 de abril tres equipos do IES de Brión, formados por alumnado de Tecnoloxía e Informática de 4º de ESO e TIC de 1º de Bacharelato, participarán na "I Competición de Robots" organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Na competición participarán un total de 100 equipos de toda Galicia. |
Obradoiro de cociñas solares
Enviado por admin o Lun, 23/03/2015 - 20:21O día 23 de marzo desenvolveuse no IES de Brión un obradoiro sobre cociñas solares. Esta actividade enmárcase no ciclo de charlas e obradoiros organizados polo CEIP de Pedrouzos arredor do Día da Muller, e na celebración do Ano Internacional da Luz.
Neste obradoiro alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, explicou ao alumnado de 6º de primaria o funcionamento das cociñas solares. Trataron aspectos relativos ao deseño, á construcción, ao aproveitamento enerxético e as dimensións socioeconómica e medioambiental.
A partir das cociñas construídas no centro nos cursos 2009/10 e 2012/13, o alumnado de primaria tivo a oportunidade de construír o seu propio reflector.
Paralelamente, e a pesar do pouco que se deixou ver o Sol nesta mañá da recén estreada primavera, fíxose unha demostración do funcionamento deste tipo de cociñas, fervendo auga e... cocendo un ovo!
CHARLA TEMÁTICA" O BOSÓN DE HIGGS"
Enviado por Anónimo o Ven, 27/02/2015 - 12:42O departamento de Física e Química e Vicedirección organizan a charla temática " O bosón de Higgs" dentro do Programa A Ponte da USC o vindeiro 5 de marzo de 12:25 a 13:15 horas, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e 4º A
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »