NOVAS

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

(renovación bienal)

 

Normativa

 

Calendario Electoral

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA O ALUMNADO

 

PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS

 

Constitución da mesa electoral de alumnado.

VOTACIÓNS ALUMNADO (en horario de mañá).

Martes

19

Novembro

8:30 a

12:10 h

Constitución da mesa electoral de nais e pais de alumnas/os. NA BIBLIOTECA.

VOTACIÓN NAIS/PAIS (de 16:30 a 19:00 h).

Martes

19

Novembro

16:30 a 

19:00 h

SAMAÍN 2023

O IES Breamo celebrou este ano o SAMAÍN baixo a temática do afundimento do Titanic.

Despois da benvida, con berros e algunha risa incluída, a SANTA COMPAÑA encargouse de vixiar as lecturas de terror para que ninguén se atrevese a dicir que non á antoloxía de textos de terror feita polo equipo da biblioteca, o club de lectura e os departamentos de linguas.

VIAXE Á CORUÑA: ESCALADA E VISITA AO MUNCYT - 24/10/2023

O alumnado de 4 ESO (grupos A e B) desprazouse hoxe ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas (escalada no rocodromo de Riazor) e ampliar coñecementos sobre as materias STEM no MUNCYT.

INTERCAMBIO MORLAIX

Do 14 ao 21 de outubro tivemos a sorte de ter con nós ao alumnado francés de Morlaix (dos centros Saint-Joseph e Notre Dame du Mur), acompañados de dúas das súas profesoras.

Durante esta semana, realizaron diferentes actividades cos seus “correspondants”, entre elas, asistencia ás clases no IES Breamo, visita das diferentes dependencias do centro (Polos Creativos, biblioteca, ximnasio...), visita de Pontedeume, visita á granxa ecolóxica de Xanceda, desprazamento ata a Casa do Mel (A Capela), o paseo polas cidades de Santiago, Coruña e Ferrol...

Desde o IES Breamo consideramos que os intercambios lingüísticos son a forma máis eficaz de que o alumnado poña en práctica o aprendido no centro e non só iso, senón tamén que sexan quen de derribar as barreiras lingüísticas e culturais para poder coñecer o mundo por si mesmos, como así o fixeron durante a súa estadía en Morlaix e tamén durante a recepción do alumnado francés.

ESTAMOS DENTRO!

Comezamos un novo curso e queremos darvos a benvida a todos e a todas.

Esperamos que este curso veña cargado de proxectos emocionantes.

Hoxe saíu a resolución do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. 

 

PREMIOS PARA ARJÉ TEATRO NO XXIV CERTAME DE TEATRO ESCOLAR E AFECCIONADO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

 

Onte, 16 de xuño, celebrouse no teatro Colón na Coruña, a gala de clausura e entrega de premios do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, que ten como obxectivo ser unha festa de homenaxe á cultura teatral da nosa provincia e, ademais, ser o acto de entrega de premios ás obras, actores e actrices participantes con mellor valoración por parte do xurado.

Premios para Árjé Teatro pola súa obra “A raíña sen trono”:

Mellor obra categoría xuvenil

Mellor dirección artística

Mellor actriz/actor principal: Mencía Platas Varela

Mellor actriz secundaria: Eva Martínez Miguélez

Parabéns para o seu director, Javier de Melo, e para todo o elenco de actores e actrices. 

"BESOS PARA LA BELLA DURMIENTE" - ARLEQUINO TEATRO (IES BREAMO)

 

“Arlequino Teatro” estréase no IES Breamo coa súa primeira obra. 

"Besos para la Bella Durmiente" é unha obra do autor José Luis Alonso de Santos en que, en forma de comedia e xogo, se desenvolve a trama. Uns reis que non poden ter fillos son intruídos por un perspicaz labrego e grazas aos seus ensinamentos teñen unha filla. Esta cae baixo o maleficio de unha fada mala  que a mantén dormida durante varios anos. Cabaleiros, cabalos, fadas, reis, raiñas, un trovador , un labrego e  e un humilde paxe móvense ao redor da princesa dormida. Despertará?

Uriel Teijeiro Nande (El Trovador)
Lucía Castro (La Princesa Vega)   
Ángel D. Pendolero (El Rey Doroteo)     
Raein Kirchner (La Reina Magdalena)   
Miguel Couce  (El Paje)     
Saray Iglesias (El Hada Buena)   
Carolina Panadero (El Hada Mala)     
Susana Varela (El Caballero Rubio) 
Indhira Herrero (El Caballero Moreno)     
José Manuel López (El Jaco del C. Moreno)   
Miriam Teijeiro (El Jaco del C. Rubio)   
Naia Amado  (La Chambelana)       
Uriel Teijeiro Nande (El Labriego) 

O ALUMNADO DA CLASE DE 2º C DO IES BREAMO GAÑA O 1º ACCESIT NO CONCURSO CLASES SEN FUME.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o Director Xeral de centros Educativos Jesús Álvarez, presidiron hoxe o acto de entrega de premios do concurso educativo para a prevención do tabaquismo “Clases sen Fume”, que organiza a Consellería de Sanidade, a través da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidades

Nesta edición 2022-2023 participaron un total de 1.800  escolares de 40 cetros de toda Galicia. O principal obxectivo deste concurso educativo é evitar o inicio do consumo de tabaco nas mozas e mozos galegos. 

O bo facer do alumnado de 2 ESO C do IES Breamo foi recompensado co 1º Accesit ao premio do concurso pola súa actividade creativa titulada “Espazos sen Fume: deixa atrás os malos aires e goza coa química do teu cerebro”.

O premio consiste nunha xornada no parque acuático de Cerceda.

Parabens para o alumnado de 2 ESO C!

 

DÍA DA CIENCIA NA CALLE

O martes pasado, alumnos e alumnas de 1, 2 e 3 ESO fixéronnos diferentes demostracións e experimentos científicos no patio do IES Breamo: dende a posta en marcha da erupción dun volcán, ata a posibilidade de tocar un corazón real, explicándonos o proceso que realizan para conseguilo, pasando tamén pour outros experimentos e construccións como montaxes de estruturas de madeira e escritura invertida utilizando un espello. 

Todo isto serviulles non só para traballar os contidos das materias, senón tamén para explicarllelos ao resto de compañeiros e profesorado.

Grazas aos departamentos de ciencias por facelo posible!

 

O IES BREAMO EN COLABORACIÓN CO CITEEC PRESENTA UNHA MESA SÍSMICA - POLOS CREATIVOS

O IES Breamo, en colaboración co Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, presenta o deseño e construción dunha mesa de sacudidas nas xornadas de exhibición dos proxectos de Polos Creativos.

O coordinador do Polo Creativo no centro, Daniel Cabal de Celis, explicou  os detalles da construción e dos condicionantes a ter en conta para levar este proxecto.

  

A CURTA DOS COMPOÑENTES DO EQUIPO DE BIBLIOTECA E CLUB DE LECTURA DO CENTRO, NA BIBLIOTECA HAI (MOITA) VIDA, GAÑA O PREMIO ESPECIAL OLLOBOI.

O soño de Raúl, traballo realizado polo alumnado de 4º ESO na clase de música, foi finalista na categoría de imaxe.

O pazo Torre de Goians de Boiro acolleu o pasado venres a gala de entrega dos premios do festival audiovisual escolar Olloboi 2023. O concurso, dirixido a alumnos e profesores de centros educativos desde infantil ata a educación superior, recibiu un total de 111 curtametraxes  procedentes de 55 centros educativos.

O premio, acadado pola curta Na biblioteca hai (moita) vida, consiste nun lote de libros de Aira Editorial, una charla no centro por parte dun cineasta, trofeo Olloboi e camiseta. 

O IES Breamo participaba con 2 traballos: 

O soño de Raúlpequena curta creada polo alumnado de 4º ESO do IES Breamo na clase de música (curso 2021-22), reflexionando sobre a consecución dos obxectivos e a vida saudable, tocando igualmente aspectos como o impacto da pandemia sobre os máis xóvenes e tamén sobre os maiores. Foi feita marco do proxecto Innova de hábitos saudables.

Na biblioteca hai (moita) vidaunha ficción fantasmagórica baseada en feitos librescos realizada polos compoñentes do Equipo de Biblioteca e o Club de Lectura do centro. Poida que moitos de vós pensedes na biblioteca como un lugar aburrido repleto de obxectos inertes moi ben colocadiños nos seus andeis… Eu tamén pensaba así ata que un día quedei durmida e esquecida nun curruncho da biblioteca.

O quipo directivo quere felicitar publicamente a todo o profesorado e alumnado implicado na realización destas dúas curtas.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer