NOVAS

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

(renovación bienal)

 

Normativa

 

Calendario Electoral

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA O ALUMNADO

 

PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS

 

Constitución da mesa electoral de alumnado.

VOTACIÓNS ALUMNADO (en horario de mañá).

Martes

19

Novembro

8:30 a

12:10 h

Constitución da mesa electoral de nais e pais de alumnas/os. NA BIBLIOTECA.

VOTACIÓN NAIS/PAIS (de 16:30 a 19:00 h).

Martes

19

Novembro

16:30 a 

19:00 h

O IES BREAMO DESPIDE Á PROMOCIÓN 2017-2023

Profesores, persoal de administración de servizos (PAS), familiares, amigos y por suposto o propio alumnado de 2º de BAC, gozamos dun evento que tivo por ingredientes: discursos, actuacións musicais, improvisacións teatrais, proxección de vídeo e a imposición de becas.

No acto fíxose memoria do acontecido nestes anos durante a estancia do alumnado noso IES, para facer un recoñecemento ao seu esforzo tanto persoal como colectivo. 

Agradecendo tamén, por suposto, a labor do profesorado, do PAS, e das súas familias polo seu seguimento e respaldo nestes anos de estudo.

O final do discurso do director animaba ao alumnado a continuar camiño, a seguir formándose para exercer como protagonistas nun mundo incrible, onde as profesión se reinventan constantemente.

Parabéns para o noso alumnado!!!

O SATÉLITE DO EQUIPO ATHENEA REPRESENTOU A GALICIA NA FASE NACIONAL DO DESAFIO CANSAT

O equipo Athenea, que representou a Galicia o día 18 e 19 de maio na la fase nacional del desafío CANSAT de da  Axencia Espacial Europea, regresa de Granada con sabor agridoce.

Despois dunha brillante posta en escena técnica tras o lanzamento, rexistro de datos e exposición do proxecto, os representantes do IES Breamo esperaban con impaciencia que se pronunciase a xurado. Non poido ser, e o equipo madrileño representará a España na fase internacional.  

Parabéns para os dous equipos do IES Breamo e o seu mentor, Daniel Cabal (profesor de tecnoloxía), participantes na edición CANSAT 2023.

Equipo  Athenea (Noel Amado, Daniel García, Mateo Lourido e Miguel Anxo): premio á misión científica máis destacada na fase autonómica.

Equipo Noxus (David Freijomil, Pablo Zárate, Teo Álvarez, David Varela e Brais Fraga): premio ao mellor logro técnico na fase autonómica.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, A NOSA LINGUA

En conmemoración ao Día das Letras Galegas, desde o IES Breamo levamos a cabo diferentes actividades que serviron para promover e concienciar ao noso alumnado sobre o uso da nosa lingua: os rapaces e rapazas de 1ºESO decoraron a entrada do centro con moitos debuxos e frases en prol do uso do galego. Pola súa banda, o alumnado de 4ºESO púxose mans á obra cun podcast, facendo uso da radio do centro. Por último… as curtas e os vídeos estiveron á orde do día con alumnado de diferentes cursos.

4ª XUNTANZA DA ESCOLA DE NAIS E PAIS

A relatora para esta cuarta xornada é Mª Victoria Fernández Mosquera, especialista en trastornos da conducta e membro do grupo da Consellería de Educación responsable da elaboración do plan de benestar emocional e do protocolo de prevención de risco suicida infanto - xuvenil.

Baixo o título “O coidado da dignidade humana como resposta ao acoso escolar”, abordará os seguintes temas: 

.- A  función da familia na adolescencia, hoxe.

- Concepto de acoso e elementos actuais de análise no acoso escolar.

- O papel das familias e do profesorado

- Respostas e retos colectivos fronte ao acoso escolar. 

 

PDF CO BOLETÍN INFORMATIVO

 

ANPA Aperta e equipo directivo do IES Breamo.

 

A RAIÑA SEN TRONO

A raiña sen trono é o título que Arjé Teatro deu á adaptación da traxedia de Shakespeare O rei Lear estreada en 1606.

Excelente representación a do pasado venres.

Deixámosvos aquí o "trailer" da obra.

 

 

 

INTELIXENCIA ARTIFICIAL, OFERTA UNIVERSITARIA, CURSO DE PORTUGUÉS E OBRADOIRO SOBRE O COLECTIVO LGTBI

A pasada semana estivo chea de actividades para o noso alumnado: os de 2BAC, xa enfocados nas ABAU, recibiron a charla dun especialista que lles explicou cómo funcionaba o proceso. Pola súa banda, os de 1BAC coñeceron de primeira man a oferta educativa das universidades galegas. 

Na ESO, destacamos o curso de onte OPS (O Portugués Simple) para 4ESO, que aproveita o que o noso alumnado xa sabe de galego para aprender portugués! Hoxe, en cambio, a Intelixencia Artificial tivo o seu papel: aprendimos dende cómo funciona a IA nun coche e como nos axuda na conducción, ata as utilidades do CHAT GPT no ámbito escolar. 

Por último… Para conmemorar o día da Visibilidade Lésbica, tivemos con nós, de novo, a EuroEume, que chegou ao noso alumnado dunha maneira divertida, pero traballando ao mesmo tempo elementos importantes sobre o colectivo LGTBI.

MUSIQUEANDO 2023 #musiqueando2023 #nosimportalamusica

Desde o departamento de Música quixemos participar no MUSIQUEANDO 2023. O pasado venres o alumnado de bacharelato ofreceulle ós pequerrechos da Escola Infantil do Chalé Rosa unha pequena actuación. Que cariñas puxeron!, os máis atrevidos bailaron con nós. 

OS DOUS SATELITES LANZADOS POLO IES BREAMO SON PREMIADOS NA FASE AUTONÓMICA DO PROXECTO CAMSAT.

 

O EQUIPO ATHENEA REPRESENTARÁ A GALICIA NA FASE NACIONAL QUE SE CELEBRARÁ EN GRANADA O 19 DE MAIO.

O pasado 27 de abrill celebrouse o acto de exposición de proxectos e a entrega de premios no auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura. 

Os equipos que culminaran con éxito, o lanzamento o pasado día 24 no aeródromo de Rozas defenderon os seus proxectos ante un tribunal de expertos.

O equipo Noxus composto por David Freijomil, Pablo Zárate, Teo Álvarez, David Varela e Brais Fraga, que tiña como obxectivo o deseño dunha aboia mariña que permita monitorizar a salinidade e as ondadas dos océanos e equipada cun localizador GPS para situar xeograficamente as medidas obtidas, conseguiu o premio ao mellor logro técnico.

Noel Amado, Daniel García, Mateo Lourido e Miguel Anxo (do equipo Athenea) que tiñan o compromiso de defender o reto de afrontar o desabastecemento de medicamentos tras un desastre natural, obtivo o premio á misión científica máis destacada.

O centro educativo IES Breamo quere felicitar publicamente ao alumnado implicado e ao seu profesor mentor, Daniel Cabal (profesor de tecnoloxía)  polo seu compromiso e o traballo tan frutuoso realizado no presente curso.

CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO

O Equipo de Dinamización da Lingua galega do IES Breamo convoca de novo o Concurso de Microrrelatos do IES Breamo, que chega este curso á súa undécima edición, dirixido á comunidade educativa do IES Breamo.

Preme aquí para ver as bases do concurso.

 

EXPOSICIÓN: O LIBRO E A ESCRITURA

No IES Breamo a partir de hoxe... exposición do libro e a escritura, coa colaboración do IES Fernando Esquío de Neda. Durante estas semanas os alumnos da ESO e 1ºBAC visitarán a exposición e farán un breve cuestionario. Levarán tamén un marcapáxinas de agasallo! Se tedes algunha suxerencia para a nosa biblioteca, podedes escribila en comentarios.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer