OS DOUS SATELITES LANZADOS POLO IES BREAMO SON PREMIADOS NA FASE AUTONÓMICA DO PROXECTO CAMSAT.

 

O EQUIPO ATHENEA REPRESENTARÁ A GALICIA NA FASE NACIONAL QUE SE CELEBRARÁ EN GRANADA O 19 DE MAIO.

O pasado 27 de abrill celebrouse o acto de exposición de proxectos e a entrega de premios no auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura. 

Os equipos que culminaran con éxito, o lanzamento o pasado día 24 no aeródromo de Rozas defenderon os seus proxectos ante un tribunal de expertos.

O equipo Noxus composto por David Freijomil, Pablo Zárate, Teo Álvarez, David Varela e Brais Fraga, que tiña como obxectivo o deseño dunha aboia mariña que permita monitorizar a salinidade e as ondadas dos océanos e equipada cun localizador GPS para situar xeograficamente as medidas obtidas, conseguiu o premio ao mellor logro técnico.

Noel Amado, Daniel García, Mateo Lourido e Miguel Anxo (do equipo Athenea) que tiñan o compromiso de defender o reto de afrontar o desabastecemento de medicamentos tras un desastre natural, obtivo o premio á misión científica máis destacada.

O centro educativo IES Breamo quere felicitar publicamente ao alumnado implicado e ao seu profesor mentor, Daniel Cabal (profesor de tecnoloxía)  polo seu compromiso e o traballo tan frutuoso realizado no presente curso.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer