NOVAS
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024
(renovación bienal)
CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS
CIRCULAR INFORMATIVA PARA O ALUMNADO
Constitución da mesa electoral de alumnado. VOTACIÓNS ALUMNADO (en horario de mañá). |
Martes 19 Novembro |
8:30 a 12:10 h |
Constitución da mesa electoral de nais e pais de alumnas/os. NA BIBLIOTECA. VOTACIÓN NAIS/PAIS (de 16:30 a 19:00 h). |
Martes 19 Novembro |
16:30 a 19:00 h |
TORNEO ESCOLAR DE FÚTBOL FEMININO
Onte o I.E.S. Breamo participou nun encontro escolar de fútbol feminino. Nesta xornada os centros participantes foron os de Betanzos, Monfero, Miño, Mugardos e Pontedeume.
As nosas alumnas demostraron que dando o mellor de cada unha pódense alcanzar bos resultados; as cadetes gañaron todos os partidos disputados e as infantís quedaron terceiras.
Foi unha mañá moi entretida para todas afianzando relaciónelas intercentros.
A organización realizouna Deporte Escolar Galego e desenvolveuse nos polideportivos de Monfero e Irixoa.
CONVOCATORIA DE BECAS PARA ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS (UNIVERSIDADE, BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS, ENSINAZAS DEPORTIVAS, ENSINANZAS DE IDIOMAS…) PARA O CURSO 2024-2025
PRAZO DE SOLICITUDE: DO 19 DE MARZO AO 10 DE MAIO DE 2023
A solicitude deberá cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación no enderezo. https://sede.educacion.gob.es |
PUNTO LARANXA NO IES BREAMO
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
Este Punto Laranxa funcionará como caixa de correo física (ao lado do departamento de orientación) e virtual (na web do centro) para trasladar situacións de acoso.
Se estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!
Compoñentes do equipo que xestiona o Punto Laranxa no IES Breamo: Lucía Fernández, Estíbaliz Markaida, María Segura e Lucinio Medel.
ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS PARA O ALUMNADO DE 4º ESO E 2º BAC
Estrutura do marco galego de competencias dixitais
CERTIFICACIÓN ComDix
.- Certificación do nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías. O sistema de acreditación seguirá un patrón similar ao que se utiliza actualmente na certificación de idiomas. A acreditación está integrada por 21 competencias que se poderán certificar en catro niveis diferentes: iniciación, intermedio, avanzado e especializado.
.- Obtense a partir dos 16 anos por validación ou realización de probas.
.- Ten caducidade aos 5 anos. Novas probas de certificación.
Certificación ComDix iniciación (de maneira automática ao titular na ESO)
Certificación ComDix intermedio (mediante probas específicas):
.- O alumnado matriculado en 4º ESO fará unha proba específica se quere acreditar este nivel.
.- Con título de bacharelato acredítanse as áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intremedio. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato fará a proba específica que acredita a area de dominio 4 para obter a certifiación do nivel intermedio.
DATA E LUGAR DE REALIZACIÓNDAS PROBAS
Proba específica que acredita competencias dixitais de nivel intermedio:
.- No mes de maio en formato online.
.- Batería de 60 preguntas (12 por área de dominio).
.- 90´de duración.
.- Deberase responder correctamente ao 70% do total das preguntas cun minimo do 60% de respostas correctas en cada unha das 5 áreas.
Proba específica que acredita a área de dominio 4 do nivel intermedio:
.- No mes de abril en formato online.
.- 20´de duración.
.- Batería de 12 preguntas
.- Deberase responder correctamente ao 60% das preguntas.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
.- Na secretaría do centro con data límite do 15 de marzo.
.- Modelo a entregar no centro (anexo IV).
TALENTOS INCLUSIVOS
No centro educativo IES Breamo tivemos a visita especial de usuarios de ASPACE Coruña, persoas con parálise cerebral, que nos axudaron a comprender as súas dificultades e o seu día a día. Tamén nos falaron de diferentes retos aos que se enfrontan alumnos de toda Galicia para tentar mellorar a súa calidade de vida: Talentos Inclusivos. Este proxecto, promovido polo CITIC da Universidade da Coruña e ASPACE, busca despertar vocacións STEM entre os mozos e concienciar sobre a discapacidade.
Dende o noso centro tamén estamos a participa. O alumnado de 1º bacharelato, baixo a coordinación da profesora de tecnoloxia Julia Vázquez vila, está a traballar en equipo para atopar solucións tecnolóxicas e innovadoras aos retos propostos: un guiador adaptado para bicicletas e unha tarima para os usuarios da piscina cun sistema de suxeición para poder moverse.
CINE PARA O TITORAXUDANTE
O alumnado de 3º ESO participante no programa TitorAxudante tivo esta semana unha cita de cine co alumnado de 1º ESO ao que está a axudar este curso. Con flocos de millo incluídos e despois do intercambio de impresións sobre a visualización da curta, baixo a temática o trato con demais, deixaron por escrito a súa reflexión nun mural á vista de toda a comunidade educativa.
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día de ROSALÍA de Castro con asaltos poéticos, degustación do Caldo de Gloria e coa proxección desta produción audiovisual realizada por Quincas das Fervenzas (profesor de xeografía e historia no IES Breamo).
PARTIDO DE FÚTBOL CONTRA A HEMOFOBIA
Conmemorando o día internacional contra a homofobia no deporte o alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato do IES Breamo disputou un encontro de fútbol. Este ano elixiuse esta disciplina deportiva en honor a Justin Fashanua, primeiro xogador de fútbol profesional en declararse publicamente homosexual.
O AMENCER DA HUMANIDADE - EXPOSICIÓN
Do 19 de febreiro ao 1 de marzo, acollemos no centro a exposición “O amencer da humanidade". O poboamento paleolítico de Galicia” unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística co obxecto de dar a coñecer as últimas investigacións desenvolvidas no ámbito da prehistoria en Galicia.
Ademais de seis paneis informativos en formato rollup, a mostra inclúe varias réplicas de materiais arqueolóxicos, un audiovisual explicativo e dúas unidades didácticas, para educación primaria e secundaria respectivamente. VÍDEO
NANOTECNOLOXÍA: REALIDADE OU FICCIÓN
O alumnado de 1º BAC tivo hoxe una charla sobre Nanotecnoloxía impartida polo profesor da USC Francisco Fraga López, que forma parte do programa A Ponte de charlas temáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »