TALENTOS INCLUSIVOS

No centro educativo IES Breamo tivemos a visita especial de usuarios de ASPACE Coruña, persoas con parálise cerebral, que nos axudaron a comprender as súas dificultades e o seu día a día. Tamén nos falaron de diferentes retos aos que se enfrontan alumnos de toda Galicia para tentar mellorar a súa calidade de vida: Talentos Inclusivos. Este proxecto, promovido polo CITIC da Universidade da Coruña e ASPACE, busca despertar vocacións STEM entre os mozos e concienciar sobre a discapacidade. 

Dende o noso centro tamén estamos a participa. O alumnado de 1º bacharelato, baixo a coordinación da profesora de tecnoloxia Julia Vázquez vila, está a traballar en equipo para atopar solucións tecnolóxicas e innovadoras aos retos propostos: un guiador adaptado para bicicletas e unha tarima para os usuarios da piscina cun sistema de suxeición para poder moverse.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer