O IES BREAMO EN COLABORACIÓN CO CITEEC PRESENTA UNHA MESA SÍSMICA - POLOS CREATIVOS
O IES Breamo, en colaboración co Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil, presenta o deseño e construción dunha mesa de sacudidas nas xornadas de exhibición dos proxectos de Polos Creativos.
O coordinador do Polo Creativo no centro, Daniel Cabal de Celis, explicou os detalles da construción e dos condicionantes a ter en conta para levar este proxecto.