INTERCAMBIO MORLAIX

Do 14 ao 21 de outubro tivemos a sorte de ter con nós ao alumnado francés de Morlaix (dos centros Saint-Joseph e Notre Dame du Mur), acompañados de dúas das súas profesoras.

Durante esta semana, realizaron diferentes actividades cos seus “correspondants”, entre elas, asistencia ás clases no IES Breamo, visita das diferentes dependencias do centro (Polos Creativos, biblioteca, ximnasio...), visita de Pontedeume, visita á granxa ecolóxica de Xanceda, desprazamento ata a Casa do Mel (A Capela), o paseo polas cidades de Santiago, Coruña e Ferrol...

Desde o IES Breamo consideramos que os intercambios lingüísticos son a forma máis eficaz de que o alumnado poña en práctica o aprendido no centro e non só iso, senón tamén que sexan quen de derribar as barreiras lingüísticas e culturais para poder coñecer o mundo por si mesmos, como así o fixeron durante a súa estadía en Morlaix e tamén durante a recepción do alumnado francés.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer