NOVAS

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

(renovación bienal)

 

Normativa

 

Calendario Electoral

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA O ALUMNADO

 

PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS

 

Constitución da mesa electoral de alumnado.

VOTACIÓNS ALUMNADO (en horario de mañá).

Martes

19

Novembro

8:30 a

12:10 h

Constitución da mesa electoral de nais e pais de alumnas/os. NA BIBLIOTECA.

VOTACIÓN NAIS/PAIS (de 16:30 a 19:00 h).

Martes

19

Novembro

16:30 a 

19:00 h

É HORA DE LER (SAMAÍN 2022) - 28/10/2022

O IES Breamo celebrou o SAMAÍN baixo o lema É HORA DE LER. Despois da benvida terrorífica polo GARDIÁN DO IES, con berros e algunha risa incluída, a SANTA COMPAÑA encargouse de vixiar as lecturas de terror para que ninguén se atrevese a dicir que non á antoloxía de textos de terror feita polo equipo da biblioteca, o club de lectura e os departamentos de linguas.

MAGOSTO NO IES BREAMO - 27/10/2022

Degustación de castañas, música e xogos tradicionais. Así celebramos hoxe o Magosto no IES Breamo. O noso agradecemento para a Unidade Veciñal Olmo por asar as castañas, que ricas!

VIAXE Á CORUÑA: ESCALADA E VISITA AO MUNCYT - 25/10/2022

O alumnado de 1° BAC (grupos C e D) desprazouse hoxe ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas e ampliar coñecementos sobre as materias STEM.

Na Sala da Asociación de Montañeiros Independentes (Club de Montaña AMI) practicaron a técnica de “Búlder”, traballo de desniveis e desprazamentos horizontais en pequenas paredes sen os materiais de protección convencionais. 

No MUNCYT, despois dunha visita guiada ás pezas máis destacadas do museo, o alumnado participou nun obradoiro interactivo que leva por nome “And the winner is...”. A actividade, en formato concurso,  consistiu na visualización de fragmentos de coñecidas películas que inclúen errores científicos para poñer a proba o coñecemento dos discentes. 

Parabéns polo bo comportamento do alumnado, nun ambiente distendido e de estimulo pola curiosidade.

NA BIBLIOTECA HAI MOITA VIDA - 24/10/2022

Hoxe celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA cunha ficción fantasmagórica baseada en feitos librescos que leva por título NA BIBLIOTECA HAI (MOITA) VIDA.  A produción audiovisual pódese ver no canal de vídeo de YouTube do IES Breamo.

G-NIGHT

O departamento de Tecnoloxía organizou hoxe, venres 30 de setembro, unha saída para o alumnado de Tecnoloxía Industrial II, con motivo da “Noite Europea dos Investigadores”. Así, puideron asistir á "Experiencia con novos materiais", organizado polo CIS Tecnoloxía e Deseño en A Cabana (Ferrol) e a dous talleres, "A luz que cambia a materia" e "Camiños curtos, camiños rápidos e camiños imposibles", organizado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (Campus de Esteiro, Ferrol).

ESTREAMOS CONTA DE INSTAGRAM

Queremos compartir contigo o que sucede no noso IES.

Que che parece?

https://www.instagram.com/iesbreamopontedeume/

 

LET´S CHAT

 

  O Departamento de Inglés do IES Breamo organizou unha serie de charlas para o alumnado de terceiro e cuarto da ESO, así como primeiro de bacharelato. A finalidade é ofrecerlle ao noso alumnado un achegamento aos países de fala inglesa e as súas costumes dun xeito ameno a través da presentación dun narrador nativo.

O IES BREAMO PON EN MARCHA O POLO CREATIVO

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o instituto IES Breamo para poñer en marcha o Polo Creativo. 

   “O que hoxe visitamos -explicou o conselleiro- é un exemplo claro dun polo creativo perfectamente equipado, un modelo que se replica noutros centros de toda Galicia”.

   O proxecto do IES Breamo busca facilitar o traballo do profesorado e alumnado nas aprendizaxes por competencias e afianzar as metodoloxías activas e de innovación cara á realización de programas interdisciplinares relacionados coa intelixencia artificial, a programación, a robótica, o pensamento computacional, modelos  dixitais e de impresión 3D, sistemas de información xeográfica, o procesado audiovisual e artístico...

 

 

AXUDAS PARA AS PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO DE 4º ESO E BACHARELATO

Saíu a convocatoria para o próximo curso escolar das axudas ás probas de nivel lingüístico para o alumnado de 4º ESO 1º e 2º de bacharelato. (Resolución do 10 de xuño do 2022).

Os estudantes teñen a posibilidade de obter unha acreditación oficial nunha lingua estranxeira, totalmente de balde para as familias.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades financia con 100€ a cada un dos alumnos que sexan seleccionados polos centros para presentarse ás probas.

O alumnado interesado ten que solicitalo na secretaría do IES Breamo e asinar un compromiso individual do alumno/a e o dos seus proxenitores. Data límite para a presentación: ampliación do prazo ata o 21 de setembro de 2022. 

RESOLUCIÓN DO 10 DE XUÑO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022/2023 EN CENTROS PÚBLICOSDEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

CALENDARIO DE MATRÍCULA E IMPRESOS DE MATRÍCULA NO IES BREAMO

Todo o alumnado que reservou praza no IES breamo debe formalizar a sua matrícula. Os impresos de matrícula e o calendario do proceso de matrícula o tedes neste enlace. Admisión/Matrícula.

Para acceder os impresos de matrícula tedes que entrar como invitado na aula virtual do noso centro. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer