O IES BREAMO PON EN MARCHA O POLO CREATIVO

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o instituto IES Breamo para poñer en marcha o Polo Creativo. 

   “O que hoxe visitamos -explicou o conselleiro- é un exemplo claro dun polo creativo perfectamente equipado, un modelo que se replica noutros centros de toda Galicia”.

   O proxecto do IES Breamo busca facilitar o traballo do profesorado e alumnado nas aprendizaxes por competencias e afianzar as metodoloxías activas e de innovación cara á realización de programas interdisciplinares relacionados coa intelixencia artificial, a programación, a robótica, o pensamento computacional, modelos  dixitais e de impresión 3D, sistemas de información xeográfica, o procesado audiovisual e artístico...

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer