NOVAS
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024
(renovación bienal)
CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS
CIRCULAR INFORMATIVA PARA O ALUMNADO
Constitución da mesa electoral de alumnado. VOTACIÓNS ALUMNADO (en horario de mañá). |
Martes 19 Novembro |
8:30 a 12:10 h |
Constitución da mesa electoral de nais e pais de alumnas/os. NA BIBLIOTECA. VOTACIÓN NAIS/PAIS (de 16:30 a 19:00 h). |
Martes 19 Novembro |
16:30 a 19:00 h |
LETRAS GALEGAS 2021
Coincidindo este ano co día das letras galegas, que como sabedes está adicado á escritora e poeta viguesa Xela Arias, o compañeiro do voso centro Xavier González Freire de 3º ESO, participa no concurso de vídeo "Móvete" organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. O vídeo é finalista na modalidade individual "Promove o galego" Celebrando o día das nosas letras!
Premio á excelencia durante o curso 19/20
Premio á Excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión no grao en Enxeñaría Mecánica, acadado pola alumna do noso centro, Marta Gómez Fueyo, durante o pasado curso 19/20.
Parabens a Marta e ao equipo educativo!
Conversas "Crecendo en igualdade" conmemorando o 8 de marzo
Alumnado do noso centro, participa o día 8 de marzo, nas conversas "Crecendo en igualdade" promovidas pòlo concello
ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/2022
Presentación da solicitude de admisión: 1-22 de marzo.
Recoller anexo II (ED550B) na secretaría ou cumprimentalo en http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Tamén se pode descargar de:
http://www.xunta.es/portada ou http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849
Lugar de presentación: na secretaría do centro onde solicita a praza. Si vostede presenta a solicitude telemáticamente ten a obriga de presentar a documentación tamén na secretaría do centro.
Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse a documentación recollida no punto 5 da Orde do 25 de xaneiro:
- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
- Documento acreditativo do requisito da idade do/da alumno/a.
- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio se é o caso.
· Na mesma solicitude os representantes legais do alumno ou alumna deberán manifestar se desexan ou non utilizar os servizos complementarios.
Na solicitude de admisión, concretamente no Anexo II, folla 3, columna “Marcar”, serán os solicitantes os que deben sinalar os conceptos do baremo nos que desexan ser puntuados.
· Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
· Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o consello escolar .
· Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas antes de 25 de maio.
NOTA INFORMATIVA MOI IMPORTANTE
- O alumnado só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en 1º lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Día de Rosalía 2021
LIGAZÓN Á MONTAXE CREADA: ALBORADA DE ROSALÍA
LIGAZÓN Á WEB DE ESCRITORES/AS EN LINGUA GALEGA onde podedes atopar tamén tanto o noso traballo como os de outros centros
25 de Novembro
O pasado 25 de novembro saimos á rúa expresando o noso total rexeitamento á violencia de xénero
ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID DURANTE O CURSO 20/21
Achegamos a toda a comunidade educativa, o protocolo de adaptación á situación covid que seguindo todas as indicacións dadas polas consellería de educación, seguirá o IES Breamo durante o curso 20/21.
Igualmente facilitamos unha guía resumo para familias e alumnado e a guía de volta segura ás aulas recomendada pola Xunta de galicia, así como a declaración responsable de realización de autoevaluación clínica diaria que todo o alumnado debe seguir.
O equipo directivo
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »