NOVAS

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

(renovación bienal)

 

Normativa

 

Calendario Electoral

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA O ALUMNADO

 

PUBLICACIÓN DE CANDIDATURAS

 

Constitución da mesa electoral de alumnado.

VOTACIÓNS ALUMNADO (en horario de mañá).

Martes

19

Novembro

8:30 a

12:10 h

Constitución da mesa electoral de nais e pais de alumnas/os. NA BIBLIOTECA.

VOTACIÓN NAIS/PAIS (de 16:30 a 19:00 h).

Martes

19

Novembro

16:30 a 

19:00 h

FIN DE CURSO

Estimadas familias:

O último día de clase é o 22 de xuño.

Durante a semana do 13 ao 17 de xuño, cada titor/a repartirá ao alumnado benificiario do fondo de libros un listado que inclúe a relación dos libros de texto prestados polo centro. O día da devolución dos libros será o mércores 22 de xuño na Secretaría do centro no seguinte horario:

  • 4º ESO: 09:20 h
  • 3º ESO: 10:30 h
  • 2º ESO: 11:20 h
  • 1º ESO: 12:30 h

O alumnado baixará en grupos de 5 persoas.

A entrega das cualificacións finais, polos/as titores/as, será o día 23 de xuño co seguinte horario:

  • 13:00 h. 1º e 2º de Bacharelato.
  • 13:30 h. 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.

Agradecemos a vosa colaboración ao longo do curso académico 2021/22. Que teñades un bo verán.

A dirección do IES Breamo.

Becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo

Saíu a convocatoria para o curso 2022-23 das becas para o alumnado con necedidade específica de apoio educativo.

Podedes solicitar información chamando ao centro e poñendose en contacto co Departamento de Orientación.

Prazo: Do 19 de maio ao 30 de setembro do ano 2022.

Máis información neste enlace: Becas NEAE

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-2023

(Orde do 29 de abril de 2022 - DOG nº 95 do 18 de maio de 2022)

RECOLLIDA DE LIBROS DE PRÉSTAMO DO FONDO SOLIDARIO DO CURSO 2021-2022

O alumnado deberá entregar a totalidade dos libros de texto prestados para o curso 2021-2022 o día 22 de xuño.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2022-2023

Do 19 de maio ao 22 de xuño. Só o alumnado repetidor de 4º ESO terá 1 mes desde a formalización da súa matrícula.

Forma de presentación

  • Presencial: será unha única solicitude por familia se os fillos/as estudan no mesmo centro e se a solicitude se presenta en formato papel de forma presencial (poderase recoller o formulario na Secretaría do centro ou accedendo á aplicación Fondolibros).
  • Electrónica (preferiblemente): cubrirase a solicitude na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e enviarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Neste caso realizarase unha solicitude por cada fillo/a aínda que estuden no mesmo centro.

Documentación a achegar

Tanto a situación familiar como económica terá como data de referencia o 31 de decembro de 2020. Xunto coa solicitude, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros da unidade familiar)
  • Libro de familia ou documento equivalente. En caso de separación ou divorcio, ademáis a sentenza xudicial ou convenio regulador.
  • En casos excepcionais para acreditar o número de membros poderase achegar un certificado de convivencia.
  • Resolución administrativa ou xudicial de acollemento, no caso de alumnado tutelado ou con garda legal.

En caso de opoñerse á comprobación de datos, deberán achegar:

  • DNI da persoa solicitante
  • Declaración do IRPF exercicio 2020
  • Certificado do grao de discapacidade ou resolución de incapacidade total, absoluta ou gran invalidez.

CáLculo da renda per cápita da unidade familiar

Será o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2020 (suma dos recadros 435 e 460) entre o número de membros computables, (computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente, ou a equivalente de clases pasivas)

Importe das axudas

 

Renda per cápita familiar

Calquera renda per cápita

 

< = 6.000 €

> 6.000 e <= 10.000 €

<= 6.000 €

En garda ou tutela da Xunta

Discapacidade >= 65%

 

Libros de texto

Material

Libros de texto

Material

Libros de Texto

Material

1º e 2º EP

210 €

140 €

50 €

210 €

50 €

275 €

50 €

3º, 4º, 5º e 6ª EP ou ESO

Fondo: 6 Libros

Fondo: 4 Libros

Fondo: 6 Libros

Fondo: 6 libros ou 275 €

Alumnado con NEAE-EP

210 €

140 €

210 €

 

 

Alumnado con NEAE - ESO

240 €

160 €

240 €

 

 

Os Arcos

A través do departamento de dinamización lingüística, sae á luz a revista Os Arcos, primeiro número con interesantes artigos de alumnado de bacharelato.

Ligazón ao blog de actividades

Camiño solidario

A suma dos cartos aportados por todas as familias en favor da infancia, a través da asociación Save the Children, na etapa do Camiño de Santiago realizado entre Pontedeume e Pontebaxoi,  ascendeu a 1983 euros.

Ligazón ao blog de actividades

Calendario final 2º Bacharelato

CALENDARIO FINAL DE 2º DE BACHARELATO CURSO 2021-22

 

Ultimo día de clase: Mércores 11 de maio.

Realización das probas finais, de recuperación etc., sen clase: Do 12 ao 19 de maio.

Avaliación de 2º de Bacharelato: 19 de maio.

Envío das cualificacións por AbalarMóbil a partir das 20:00 horas.

Entrega das cualificacións por parte dos titores nas aulas o 20 de maio as 10:10 horas.

Presentación de reclamacións ás cualificacións de 2º de BAC no centro e atención das mesmas por parte do profesorado: 20 e 23 de maio.

Prematrícula para as ABAU no centro: 20 e 23 de maio.

Presentación das reclamacións ás cualificacións de 2º de BAC ante a Comisión Interuniversitaria: 24 de maio (antes das 14:00 horas).

Datas das probas das ABAU: 7, 8 e 9 de xuño

Dous premios para os satelites creados polo alumnado do IES Breamo

O pasado 28 de abril, na fase galega do lanzamento de satélites CanSat, promovido pola Axencia Espacial Europea, os proxectos creados por un grupo de doce alumnos e alumnas do noso centro, guiados polo profesorado de tecnoloxía, acadaron dous premios: ao logro ténico e á maior promoción e difusión.

Ligazón ao blog de actividades

Participación do IES Breamo na avaliación de PISA 2022

A Comunidade Autónoma de Galicia participa no estudo principal do Programa Internacional de Avaliación do Alumnado (PISA). Este estudo internacional de avaliación educativa está coordinado pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) e, no relativo a España, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE).

O programa PISA avalía de modo regular os resultados educativos do alumnado de 15 anos en lectura, matemáticas e ciencias, ademais doutras áreas como a competencia financeira e, nesta edición, tamén o pensamento creativo. Este estudo constitúe hoxe en día a máis ambiciosa avaliación comparativa internacional dos sistemas educativos no mundo.

O centro foi seleccionado pola OCDE, entre os centros educativos en que cursan estudos alumnos e alumnas nacidos no ano 2006, para formar parte da mostra do estudo principal PISA 2022.

A aplicación do estudo está prevista entre o 28 de marzo e o 9 de maio de 2022 en todos os centros que forman parte da mostra. Isto supón que os alumnos e as alumnas do centro que sexan seleccionados para participar farán unha proba cognitiva en ordenador sobre lectura, ciencias, matemáticas, competencia financeira e unha área innovadora, o pensamento creativo. A continuación, contestarán un cuestionario de contexto, tamén dixitalmente.

No caso de que o seu fillo ou filla sexa elixido para participar no estudo principal do proxecto PISA, isto non afectará ás súas cualificacións en ningunha materia. Os resultados non se fan públicos nin para alumnos e alumnas nin para os centros educativos participantes no estudo. Todos os datos recompilados son estritamente confidenciais. Pode consultar a política de protección de datos e información sobre o estudo na seguinte ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/inee/evaluaciones-internacionales/pisa/pisa-2022.html.

Queremos transmitirlle o agradecemento, tanto do ministerio como da consellería, pola participación do seu fillo ou filla neste estudo. Para calquera dúbida ou aclaración de carácter xeral, pode contactar co centro no enderezo electrónico ies.breamo@edu.xunta.gal e no teléfono 881-930435.

No seguinte enlace poderedes atopar probas de outras ediccións liberadas: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35974

A dirección.

Admisión para o curso 2022/2023

  • Presentación da solicitude de admisión:  1-21  de marzo.

Recoller anexo II (ED550B) na secretaría ou cumprimentalo en http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado  

Tamén se pode descargar  de:

http://www.xunta.es/portada  ou http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/35991

Lugar de presentación: na secretaría do centro onde solicita a praza.

Si vostede presenta a solicitude telemáticamente ten a obriga de presentar a documentación tamén na secretaría do centro.
Se o fai a través da Sede Electrónica con certificado dixital ou chave 365, non ten a obriga de presentar a documentación na secretaría do centro.

  •  Coa solicitude, en calquera caso, deberá achegarse a documentación recollida no punto 5 da Orde do 25 de xaneiro:
    1. Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
    2. Documento acreditativo do requisito da idade do/da alumno/a.
    3. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.
    4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio se é o caso.

 

  •  Na mesma solicitude os representantes legais do alumno ou alumna deberán manifestar se desexan ou non utilizar os servizos complementarios.
  • Na solicitude de admisión, concretamente no Anexo II, folla 3, columna “Marcar”, serán os solicitantes os que deben sinalar os conceptos do baremo nos que desexan ser puntuados.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para  presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril. Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o consello escolar .
  • Publicación das listaxes definitivas  de persoas admitidas e non admitidas antes de 25 de maio.

 

NOTA  INFORMATIVA IMPORTANTE:

  • O alumnado  só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en 1º lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer