VIAXE Á CORUÑA: ESCALADA E VISITA AO MUNCYT - 25/10/2022
O alumnado de 1° BAC (grupos C e D) desprazouse hoxe ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas e ampliar coñecementos sobre as materias STEM.
Na Sala da Asociación de Montañeiros Independentes (Club de Montaña AMI) practicaron a técnica de “Búlder”, traballo de desniveis e desprazamentos horizontais en pequenas paredes sen os materiais de protección convencionais.
No MUNCYT, despois dunha visita guiada ás pezas máis destacadas do museo, o alumnado participou nun obradoiro interactivo que leva por nome “And the winner is...”. A actividade, en formato concurso, consistiu na visualización de fragmentos de coñecidas películas que inclúen errores científicos para poñer a proba o coñecemento dos discentes.
Parabéns polo bo comportamento do alumnado, nun ambiente distendido e de estimulo pola curiosidade.