LETRAS GALEGAS 09: MEDRANDO COS NOSOS ALUMN@S

O pasado venres, día15 de maio, celebramos no centro o día das Letras Galegas. Como noutras ocasións, son l@s alumn@s de cursos superiores, quen se encargan de realizar este acto. Este ano quixemos facer algo distinto: espertar a sensibilidade no público por medio da palabra, a imaxe e o son. O noso obxectivo consistía en ofrecer sensacións envolvidas en papeis de distintas cores. Discutimos os temas que elixiriamos para o acto, cónstame que non foi fácil descartar algúns, buscamos poemas de presentación para eses temas, analizando que se transmitía en cada un deles. Realizamos unha montaxe de diapositivas desde unha perspectiva positiva do ser humano, e comezamos o noso labor, que aseguro non foi fácil, pero para o grupo de 1º de bachalerato nada hai imposible, cun gran sentido da responsabilidade e da colaboración conseguimos emocionar a un público entregado ao acto.

MARCAPÁXINAS GAÑADORES DO CONCURSO DESTE ANO

Se queres coñecer os marcapáxinas gañadores do concurso convocado desde a biblioteca para o Día das Letras Galegas, visita o blog da biblioteca premendo aquí. Podes ver todos os marcapáxinas confeccionados se te pasas pola galería de fotos do blog.

O CLUB DE LECTURA RELATA A SÚA EXPERIENCIA

Se premes no apartado da BIBLIOTECA desta páxina, ou visitas o noso blog (www.blogoteca.com/becerreablog), poderás ver como foi a experiencia do club de lectura con "TONECHO DE REBORDECHAO". Se che parece interesante este tipo de actividades, non o dubides e únete.

TEATRO EN INGLÉS


 

Monday, 16 February 2009

1st Show: Robin Hood from 14:50 to 15:50, for 1st,

2nd and 3rd of ESO students. 

DE NOVO, O ENTROIDO!!!

Outro ano máis, todo “patas arriba” para celebrar esta festa, como non podía ser doutra forma. De novo, disfraces imaxinativos e variados, doces exquisitos (con receita incluída, por primeira vez, para compartila con todos) e unha espantalla máis “fashion” ca outros anos pero que tamén rematou a súa existencia no lume.

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS E PARA A ELECCIÓN DA MASCOTA DA BIBLIOTECA

PUNTOS DE LECTURA

PUNTOS DE LECTURA

PUNTOS DE LECTURA

 

PUNTOS DE LECTURA

 Durante o presente curso 08/09 comezaron a funcionar os dous puntos de lectura situados nas entradas de cada un dos edificios de instituto, como espazos permanentemente abertos á lectura e dispoñibles para calquera membro da comunidade escolar. Neles recóllense títulos que non se atopan nos fondos específicos da biblioteca escolar, co obxectivo de que os alumnos/as poidan acceder ao máis amplo abano de lectura posible. Por esta razón, tamén podedes atopar unha boa selección de cómics, e todo axeitado en gusto e temática ás idades do alumnado. En particular, para cada punto de lectura seleccionáronse títulos acorde coa idade dos alumnos que se distribúen en cada edificio. Igualmente, o alumnado pode consultar neles a prensa diaria á que estamos subscritos.
Para dispoñer dun libro durante uns días, <u>débense rexistrar o préstamo e a devolución na biblioteca</u>. Non obstante, todos podemos ir revisando e lendo libros e cómics durante os tempos de lecer, xa que estes puntos de lectura están pensados como puntos de encontro entre persoas e de estas cos libros.
É importante que non esquezades facernos as suxestións oportunas para ampliar os fondos e o abano de títulos dos puntos de lectura.

Distribuir contido