Biblioteca |
O pasado día 26 de abril e como parte das actividades programadas para a celebración do día do libro, alumn@s de Cultura Clásica e de Latín e Grego, máis algúns espontáneos de segundo curso da ESO do IES de Becerreá, representaron no colexio as Fábulas de Esopo e de Fedro. Fixéronse dúas sesións, unha para os máis pequenos e a segunda para os cursos máis altos de primaria. A Profesora de Latín e Grego fixo unha introducción e comentarios que axudaban aos máis pequenos a entender o mundo das Fábulas. PREME SOBRE A FOTO PARA VER AS IMAXES DAS REPRESENTACIÓNS. |
|||
Visita o noso blog para ter información sobre o fallo de premios do certame de relato breve e para coñecer a nosa mascota da biblioteca, seleccionada, mediante votación, de entre todas as presentadas polos nosos alumn@s. |
|||
PREME AQUÍ para poder ver o vídeo que realizaron alumn@s de 2º da ESO desde a nosa biblioteca para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos. |
|||
PREME AQUÍ e poderás ver todas as candidatas a mascota da nosa biblioteca que foron realizadas por alumno/as do centro. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
Os alumnos de 3º ESO (PDC) leron "LA CIUDAD DE LAS BESTIAS", e premendo AQUÍ poderás ver un resumo e a opinión de cada un dos alumnos/a de 3ºESO-PDC sobre esta novela de Isabel Allende. Se tamén ti liches o libro, anímate e deixanos a túa opinión. |
|||
Esta é a cuestión a resolver entre aqueles que leron unha novela e viron no cine a súa versión cinematográfica. E isto é o que fixeron algúns alumnos/as do instituto coa obra "O NENO DO PIXAMA RAIAS": primeiro leron a novela como tarefa da materia de Lingua Castelá e posteriormente, acompañados polas profesoras da materia (Paloma e Aurora), acudiron ao cine para ver a película. Como están en situación de poder comparar, só tes que picar aquí para coñecer as opinións dalgúns deles. En concreto, recóllense as dos alumnos/as de 3º da ESO (P.D.C.) e das alumnas de Literaturas Hispánicas de 2º de BAC. Por certo, se aínda non liches o libro, estas opinións e comentarios animarante a facelo. Non te arrepentirás! |
|||
PREME AQUÍ e verás o vídeo conmemorativo que elaboraron os alumnos de 2º da ESO. |
|||