Segundo encontro do club BABEL. Tivemos a sorte de contar coa nosa compañeira de inglés Patricia A. Janeiro, autora do libro RUEIRO DA CIDADE ESCURA, publicado no 2019 en Positivas.
Libro de tremenda actualidade: como sobrevivir a un apagón xeral sen a máis mínima información nun mundo tan conectado e globalizado?
A autora describe un escenario de posibilidades que nos conducen a reflexionar sobre a realidade na que vivimos. Non está exento de crítica social e tampouco de humor.
Imaxinación e realismo van da man.