Profesorado: Mª de Pilar Ríos Quintás e Leonardo Fernández Campos.
Cursos: Primeiro de bacharelato
O luns visitamos a fermosísima vila montañesa de Valldemossa, onde contratamos un guía grazas ao instituto para visitar a Cartoixa, en que pararon longo tempo Chopin e George Sand, entre outros/as. Gozamos das rúas, as compras e até un concerto de piano en directo con pezas do famoso compositor romántico. Ao ir para alá, perdemos por minutos o coche de liña, e aproveitamos para visitar a estación do primeiro ferrocarril da Illa, onde nos colleu por sorpresa unha exposición de Miró coa que non contabamos, aperitivo da visita ao día seguinte á súa Fundació.