Skip to Content

Visita do alumnado da Escola Secundária Fontes Pereira de Melo, Porto

A pasada semana recibimos a visita do alumnado da Escola Secundária Fontes Pereira de Melo, de Porto, que realizan un intercambio coas nosas alumnas e os nosos alumnos de portugués de 1º e 2º da ESO. A finais de marzo eles exercerán de anfitrións d@s nos@s na cidade de Porto.

 

VI Torneo de Debate Académico de Galicia, organizado pola Fundación Barrie

 

Lara Belo, Noa Salteiro, Martina Maneiro, Raúl Sánchez, Hugo Iglesias e Cibrán Díaz, de 3º da ESO, participaron no VI Torneo de Debate Académico de Galicia, organizado pola Fundación Barrie.
A cuestión a debater foi: Debería o Estado poñer límites ao uso da internet e dispositivos móbiles a menores de 12 anos?
Unha gran experiencia para o noso alumnado, que exercitou o pensamento crítico e demostrou as súas habilidades argumentativas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Exposición sobre as mulleres na shoah

Con ocasión do Día Internacional da Lembranza do Holocausto, que se celebra o 27 de xaneiro, o alumnado de Alemán preparou unha pequena exposición centrada no papel da muller na shoah, baixo a dirección das profesoras Sagrario Torrado, membro do equipo da biblioteca, e Susana da Conceição.

 

O I Premio BREVITER suscita interese nos medios

O I Premio BREVITER de microrrelatos, convocado polo instituto, é hoxe noticia en 'La Voz de Galicia'. Lembramos que as obras poden presentarse até o 1 de marzo de 2024.

 

Como determinar que instituto lle corresponde ao seu fillo/a segundo o seu lugar de residencia- Áreas de Influencia

Premendo na seguinte ligazón, e accedendo ao apartado "4. Áreas de influencia" pode consultar que centro lle corresponde ao seu fillo/a en función do seu lugar de residencia (centro adscrito).

Achegamos esta imaxe ilustrativa dunha consulta: neste caso o alumno/a reside en Rúa das Galeras, 15 e, tras premer en "buscar", a aplicación indica que o centro adscrito é o IES Arcebispo Xelmírez I.

Visita do alumnado de 4º da ESO ao Parlamento de Galicia

O pasado venres 19 de xaneiro, o alumnado de 4º da ESO visitou o Parlamento de Galicia nunha saída programada polo profesorado da materia de Xeografía e Historia.

Organizados en dous grupos e baixo a dirección de cadanseu guía, as alumnas e alumnos do insitituto coñeceron as principais funcións desta importante institución política e percorreron as diferentes dependencias do Pazo do Hórreo, sede do cámara lexislativa galega desde 1989. Dos diferentes espazos visitados cómpre salientar a biblioteca, onde se custodian fondos de figuras tan relevantes da cultura galega como son Ricardo Carvallo Calero, os irmáns Villar Ponte e a escritora Elena Quiroga e o seu marido.

Ademais, no salón de plenos non só sentaron nos escanos dos deputados dos diferentes partidos políticos galegos, senón que tamén algúns representantes do alumnado puideron subir ao estrado e facer propostas para mellorar a vida no instituto.

Ao longo da visita, cuxa duración foi de aproximadamente unha hora, rapazada e profesorado tiveron acceso á variada e valiosa colección de arte galega contemporánea, tanto pitórica como escultórica, que alberga o Parlamento, a cal por si mesma xustifica a visita desta institución.

Ao rematar, recibiron como agasallo unha banda deseñada sobre a historia do Parlamento galego e un pequeno catálogo da colección artística que se conserva no mesmo.

Álbum: Actividades Culturais -> Visita ao Parlamento de Galicia

O noso alumno Pablo Rodríguez García participou na Olimpíada Matemática Galega

O noso alumno Pablo Rodríguez García, de 2º BAC, participou o pasado venres día 19 na Olimpíada Matemática Galega, que se desenvolveu na Facultade de Matemáticas da USC.

A Olimpíada Matemática Galega é unha competición para o alumnado de bacharelato de Galicia que ten como obxectivo fundamental estimular o estudio das matemáticas descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas.

Este concurso constitúe a Fase Autonómica Galega da Olimpiada Matemática Española que convoca anualmente a Real Sociedad Matemática Española. As probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, celébranse na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, e nelas selecciónase ata 3 estudantes para representaren a Galicia na Fase Nacional.

Máis información sobre a Olimpiada Matemática.

Xornadas de portas abertas para familias e alumnado de nova incorporación para o curso 2024/25

O día 16 de xaneiro celebraronse as As Xornadas de Portas Abertas para famílias e alumnado de nova incorporación no curso 2023/24. Asistiron numerosas familias dos centros de primaria adscritos e non adscritos.

Estas xornadas ofreceron a ocasión de coñecer mellor aspectos relacionados coa vida académica, visitar as aulas, laboratorios, Biblioteca ou instalacións para a práctica deportiva onde desenvolverán a súa actividade as alumnas e alumnos o próximo curso. O obxectivo foi axudarlles a afrontar con entusiasmo a súa nova etapa de formación na Educación Secundaria Obrigatoria.

 

Álbum: Outras Actividades -> Xornadas portas abertas

Admisión alumnado: normativa, prazos de solicitude e normas de presentación de instancias

No seguinte documento poden consultar a normativa do proceso de admisión de alumnado, así como os prazos de solicitude, as normas de presentación de instancias e calendarios.

Distribuir contido


by Dr. Radut