Skip to Content

Blogs da biblioteca

Estes son os catro blogs da biblioteca:

- Biblioteca

- Clubs de lectura

- Premio BREVITER

- RadioClic!

 

 

Conmemoración do Día Europeo das Linguas

Na tarde do pasado martes, un grupo de 11 alumnas e alumnos do noso centro participaron nun recital no Museo das Peregrinacións para conmemorar o Día Europeo das Linguas.

Presentación da novela "Poder non é querer" da nosa exalumna Noela Rivas Cantelar

 

Comprácenos convidar a toda a comunidade educativa do IES  Arcebispo Xelmírez I á presentación da novela Poder non é querer da nosa exalumna Noela Rivas Cantelar, publicada por Galaxia. O acto terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de setembro, ás 18 horas na nosa biblioteca. 

Viaxe de intercambio coa Nadderud Videregående Skole de Oslo.

 

Lara, Vera, Candela e Enrique, alumnos de 1º de Bacharelato do noso centro, atópanse nunha viaxe de intercambio desde o día 4 ao 24 de setembro na Nadderud Videregående Skole de Oslo.

O vindeiro mes de xaneiro recibiremos nas nosas aulas ás catro alumnas norueguesas que estes días exercen de anfitroas.

O Xelmírez I presente no Congreso Xuvenil Internacional de Climántica de Aveiro

Este ano, como vén pasando dende hai xa bastantes, o noso centro participou no Congreso Xuvenil Internacional de Climántica que se desenvolveu en Aveiro (Portugal) entre os días 2 e 6 de setembro e no que se elaboran produtos: videos, carteis, un musical,.. cos que se pretende concienciar a toda a sociedade dos problemas derivados do cambio climático e a urxencia de tomar decisión intelixentes.

Presentacións e comezo das clases do curso 2023-24

11 DE SETEMBRO DE 2023

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO REXIME ORDINARIO (SALÓN DE ACTOS)

9.00 h - 1º de ESO:
10.00 h - 2º de ESO
10.30 h - 3º de ESO
11.00 h - 4º de ESO
11.30 h - 1º de Bacharelato
12.00 h - 2º de Bacharelato
13.00 h - 1º e 2º de ciclo medio VDJ e Son.

Terminada a presentación de cada grupo, comezarán as clases segundo o horario que o profesorado titor lle entregará ao alumnado.

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO REXIME ADULTOS (AULA MAGNA)

17.30 h - FP Básica.
18.00 h - ESA I e III.
18.30 h - 1º E 2º de Bacharelato
19.30 h - Ciclo Medio (MODULAR)

Ensinanzas de adultos - Prazo extraordinario de matrícula 2023-24

O prazo extraordinario de matrícula nas ensinanzas de adultos para o presente curso abrangue do 1 ao 8 de setembro de 2023.

Entrega ao alumnado dos libros de texto do Fondo Solidario (2023-2024)

O alumnado beneficiario de libros de texto correspondentes ao fondo solidario para o curso que comeza deberá presentarse neste centro educativo nas datas e horas que a continuación se relacionan, para proceder á retirada dos libros adxudicados:

 

DÍA 6 DE SETEMBRO - AULA DE DEBUXO

1º da ESO ás 10 h

2º da ESO ás 12 h

 

DÍA 7 DE SETEMBRO - AULA DE DEBUXO

3º da ESO ás 10 h

4º da ESO ás 12 h

Listaxe definitiva fondo libros 23-24

Retirada de títulos académicos

Distribuir contido


by Dr. Radut