Skip to Content

Linguas baixo un trebón en Compostela

O xoves, 25 de setembro, un día antes do Día Europeo das Linguas, seis alumnas e alumnos de Vai no Dentista, o noso grupo de teatro, protagonizaron un acto fermoso e emotivo, promovido pola SXL, nos soportais da praza de Praterías.
Baixo a batuta do director do grupo, Daniel Baamonde, e mais das profesoras Sagrario Torrado e Inés Montero, as alumnas e alumnos Xaquín Boquete, Leiz Irsheid, Miguel Mas, Ana Otero, Guadalupe Otero e Xoana Zas recitaron poemas en diversas linguas e representaron unha escena teatral onda o Museo das Peregrinacións. O recital foi amenizado pola treboada Aitor, que lle conferiu ao acto un ambiente musical moi romántico.
O noso alumnado recitou en portugués "A morte chega cedo", de Fernando Pessoa, en islandés "ég fæddist", de Elías Knörr, en inglés "Alone", de Edgar Allan Poe, en romanés "Totul", de Ana Blandiana, en alemán a famosa cita de Martin Niemöller "Als die Nazis...", en galego o poema de Xohana Torres "Penélope", e en árabe o poema do autor palestino Mahmud Darwish "أمي" ("A miña nai"). Ademais, as alumnas e alumnos representaron en francés unha escena da obra de teatro do curso pasado.

(Aquí hai un par de fotos deste acto: Galería "Linguas baixo un trebón en Compostela")

 

Solicitude de axudas individualizadas de transporte escolar

Todas aquelas persoas que desexen facer unha solicitude de axuda individualizada de transporte escolar deberán cubrir o seguinte documento achegado e, unha vez cuberto, envialo ao seguinte enderezo electrónico:

ies.arcebispo.xelmirez@edu.xunta.gal

Viaxe de intercambio coa Nadderud Videregående Skole de Oslo.

Nicolás Cereijo, Enma Vieites, Paula Blanco e María Alonso, alumn@s de 1º de Bacharelato do noso centro, rematan hoxe un intercambio coa Nadderud Videregående Skole de Oslo, cidade á que chegaron o 2 de setembro.
O vindeiro mes de xaneiro recibiremos nas nosas aulas ás catro alumnas norueguesas que estes días exerceron de anfitroas.

VIAXE OSLO

2024-2025 Horario da biblioteca

Cambio de enlace da web da ANPA e solicitude de taquillas

A páxina web da ANPA do IES Xelmírez I actualízase a un novo enlace que se pode consultar a continuación ou a través do menú PAIS/NAIS

https://sites.google.com/view/anpaiesxelmrezi/inicio?authuser=4

Con respecto ás taquillas, á solicitude deberá facerse a través dun formulario google que está enlazado no novo Google Site da ANPA. 

Presentacións e comezo das clases do curso 2024-25

 

MÉRCORES 11 DE SETEMBRO DE 2024

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO REXIME ORDINARIO (SALÓN DE ACTOS)

9.00 h - 1º de ESO:
10.00 h - 2º de ESO
10.30 h - 3º de ESO
11.00 h - 4º de ESO
11.30 h - 1º de Bacharelato
12.00 h - 2º de Bacharelato
13.00 h - 1º e 2º de ciclo medio VDJ e Son. (AULA MAGNA)

Rematada a presentación de cada grupo, comezarán as clases segundo o horario que o profesorado titor lle entregará ao alumnado.

 

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO REXIME ADULTOS (AULA MAGNA)

16.15 h – FPs Básicas.e EBI
16.45 h - ESA I e III.
17,00 h - 1º E 2º de Bacharelato
17.20 h - Ciclo Medio (MODULAR)

 

Entrega ao alumnado dos libros de texto do Fondo Solidadrio 2024-2025

 

O alumnado beneficiario de libros de texto correspondentes ao fondo solidadrio para o curso que comeza deberá presentarse neste centro educativo nas datas e horas que a continuación se relacionan, para proceder á retirada dos libros adxudicados:

DÍA 5 DE SETEMBRO - AULA DE DEBUXO

1º ESO ás 09:30 h

2º ESO ás 11:00 h

 

DÍA 6 DE SETEMBRO - AULA DE DEBUXO

3º ESO ás 09:30 h

4º ESO ás 11:00 h

 

Horario do IES Arcebispo Xelmírez I durante o mes de agosto

Durante o mes de agosto o IES Arcebispo Xelmírez I estará aberto desde as 10.00 até as 13.00 horas

 

Ensinanzas para persoas adultas

Matrícula 2024-2025

EBI: desde o 2 de setembro, o prazo permanecerá aberto todo o curso 

ESA:

  • 1º Cuadrimestre: matrícula aberta até o 31 de xullo entre o 2 e 10 de setembro.
  • 2º Cuadrimestre (para alumnado de nova incorporación): entre o 8 e o 17 de xaneiro

BAC: 

  • 1º Cuadrimestre: matrícula aberta até o 31 de xullo entre o 2 e 20 de setembro.
  • Para o alumnado que remate estudos da ESA, do 17 ao 28 de febreiro. 

Enseñanzas Persoas Adultas de XLMRZFLE

Oferta e horarios dos ciclos formativos do IES Arcebispo Xelmírez I

Oferta e horarios dos ciclos formativos para o curso 2024-2025 

Ciclos de grao básico

CD1AFD001100 Acceso e conservación en instalacións deportivas

Horario: 16.15-21.45

CD1IFC001200 Informática de oficina

Horario: 16.15-21.45

 

Ciclos de grao medio

CD2IMS000100 Vídeo disc-jockey e son

Horario:

Réxime Ordinario: 08.45-14.25

Réxime Modular: 16.15-22.30

 

Distribuir contido


by Dr. Radut