Skip to Content

Convocatoria eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar do IES Arcebispo Xelmírez I.

Convocatoria eleccións dos representantes de nais, pais e titores legais ao Consello Escolar do IES Arcebispo Xelmírez I.

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 18 de setembro de 2024), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, Sector de pais/nais do alumnado.

convocatoria

Certificados DELF

Parte do alumnado de francés do noso centro recolleron os certificados dos exames DELF do curso pasado (4 de nivel A2 e 7 de nivel B1).

Grazas polo voso esforzo e compromiso

Moitos parabéns!

Certificado

 

Día das Bibliotecas

O 24 de outubro de 1992, durante a guerra de Bosnia, un bombardeo destruíu a Biblioteca Nacional e Universitaria de Bosnia e Herzegovina. Desde o 24 de outubro de 1997 celébrase en España o Día das Bibliotecas. No noso instituto, a biblioteca é un espazo accesíbel e aberto á participación da comunidade educativa, que ten ao seu dispor un lugar de traballo, de encontro, de intercambio de opinións e de coñecemento, así como de posta en marcha de novas ideas e proxectos. Para celebrarmos este día, as profesoras Sagrario Torrado e Inés Montero decoraron a biblioteca, que durante uns días vai estar particularmente bonita.

 

 

Documentos base en período de alegacións: P.E.C, N.O.F e C.C.

A continución están os hipervínculos para consultar os documentos base do centro que están en período de alegacións.

P.E.C.

N.O.F

C.C.

Presentamos os catro blogs da biblioteca

Para espallarmos as actividades da biblioteca do instituto, a profesora María José Nieto deseñou catro blogs que se irán actualizando ao longo do curso académico. Os blogs poden consultarse facendo clic nesta imaxe:

 

 

Elección Consello Escolar

CONSELLOESCOLAR

 

A próxima semana comeza o proceso de renovación parcial do noso Consello Escolar, o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro.
Mediante a resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. establécese o calendario para a realización de eleccións de novos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18/09).
O primeiro chanzo deste proceso é a constitución da Xunta Electoral, órgano que se encarga da organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.
A Xunta Electoral está constituída por:
     - O director do centro.
     - Un profesor ou profesora.
     - Un pai ou nai ou titor/a legal.
     - Un alumno ou alumna.
     - Un representante do persoal de administración e servizos
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).
Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase na Aula Magna do IES Arcebispo Xelmírez o próximo mércores, día 16 de outubro ás 12:30 horas.

No taboleiro da entrada do centro están pendurados os censos do profesorado, pais/nais/titores-as, alumnado e persoal de administración e servizos. Cadaquén ten un número asociado que será o empregado neste sorteo, no cal se elixirá a dous representantes de cada un dos sectores (titular e suplente). 

Linguas baixo un trebón en Compostela

O xoves, 25 de setembro, un día antes do Día Europeo das Linguas, seis alumnas e alumnos de Vai no Dentista, o noso grupo de teatro, protagonizaron un acto fermoso e emotivo, promovido pola SXL, nos soportais da praza de Praterías.
Baixo a batuta do director do grupo, Daniel Baamonde, e mais das profesoras Sagrario Torrado e Inés Montero, as alumnas e alumnos Xaquín Boquete, Leiz Irsheid, Miguel Mas, Ana Otero, Guadalupe Otero e Xoana Zas recitaron poemas en diversas linguas e representaron unha escena teatral onda o Museo das Peregrinacións. O recital foi amenizado pola treboada Aitor, que lle conferiu ao acto un ambiente musical moi romántico.
O noso alumnado recitou en portugués "A morte chega cedo", de Fernando Pessoa, en islandés "ég fæddist", de Elías Knörr, en inglés "Alone", de Edgar Allan Poe, en romanés "Totul", de Ana Blandiana, en alemán a famosa cita de Martin Niemöller "Als die Nazis...", en galego o poema de Xohana Torres "Penélope", e en árabe o poema do autor palestino Mahmud Darwish "أمي" ("A miña nai"). Ademais, as alumnas e alumnos representaron en francés unha escena da obra de teatro do curso pasado.

(Aquí hai un par de fotos deste acto: Galería "Linguas baixo un trebón en Compostela")

 

Solicitude de axudas individualizadas de transporte escolar

Todas aquelas persoas que desexen facer unha solicitude de axuda individualizada de transporte escolar deberán cubrir o seguinte documento achegado e, unha vez cuberto, envialo ao seguinte enderezo electrónico:

ies.arcebispo.xelmirez@edu.xunta.gal

Viaxe de intercambio coa Nadderud Videregående Skole de Oslo.

Nicolás Cereijo, Enma Vieites, Paula Blanco e María Alonso, alumn@s de 1º de Bacharelato do noso centro, rematan hoxe un intercambio coa Nadderud Videregående Skole de Oslo, cidade á que chegaron o 2 de setembro.
O vindeiro mes de xaneiro recibiremos nas nosas aulas ás catro alumnas norueguesas que estes días exerceron de anfitroas.

VIAXE OSLO

2024-2025 Horario da biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut