A próxima semana comeza o proceso de renovación parcial do noso Consello Escolar, o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do centro.
Mediante a resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. establécese o calendario para a realización de eleccións de novos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18/09).
O primeiro chanzo deste proceso é a constitución da Xunta Electoral, órgano que se encarga da organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar.
A Xunta Electoral está constituída por:
- O director do centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor/a legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto).
Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase na Aula Magna do IES Arcebispo Xelmírez o próximo mércores, día 16 de outubro ás 12:30 horas.
No taboleiro da entrada do centro están pendurados os censos do profesorado, pais/nais/titores-as, alumnado e persoal de administración e servizos. Cadaquén ten un número asociado que será o empregado neste sorteo, no cal se elixirá a dous representantes de cada un dos sectores (titular e suplente).