Skip to Content

INTERCAMBIO MONTBÉLIARD - LISTA PARTICIPANTES

Publícase a lista de participantes no intercambio con Montbéliard (Francia) previsto para este curso. Se alguén ten previsto renunciar á súa praza, comunicádeo canto antes, por favor. Hai bastante xente á espera.

Lista de participantes

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Publicación dos documentos relativos ás eleccións ao Consello Escolar. O modelo de candidatura está tamén dispoñible na secretaría do centro e os censos publicados no taboleiro correspondente.

Acordo da Xunta Electoral

Calendario Electoral

Modelo de candidatura

URXENTE: CADUCIDADE DE VALES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Os vales para a adquisición de material escolar caducan o día 1 de decembro. As familias que teñen concedido este vale deben retiralo antes desta data na secretaría do centro.

SORTEO PARA A SELECCIÓN DE PARTICIPANTES NO INTERCAMBIO CON FRANCIA

O sorteo para seleccionar os/as participantes no intercambio con Francia terá lugar o xoves, día 3 de novembro de 2022 na Aula Magna,

no segundo recreo.

(Comprobade que estades incluídos/as na lista que figura a continuación)

Listaxe de candidaturas

 

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DE BD E ENSAIO SUBVERSIVO GUILLERMO DOMÍNGUEZ

 

ENTREGA DE PREMIOS

Data de celebración: 4 de novembro

Hora: 18 h

Lugar: Salón de Actos do IES A. Xelmírez I

 

Nota: Os/as gañadores/as deberán presentarse no centro ás 17,15 h para cumprimentar documentación. Deben dirixirse ao despacho da secretaria.

X EDICIÓN PREMIOS DE ENSAIO SUBVERSIVO GILLERMO DOMÍNGUEZ

 

Traballos premiados nesta X Edición dos premios de ensaio subversivo:

1º Premio: A rapaza triste: Tiqqun e a feminidade contemporánea de Noa López Vilas - IES Arcebispo Xelmírez I

2º Premio: In-conscientes: Escravos dunha sociedade de Brais Neira Ferro - IES Arcebispo Xelmírez II

 

 

X EDICIÓN DO CERTAME DE BD AX1 - PREMIOS

Reunido o xurado da 10ª edición do certame de BD AX1, composto por:

Natalia Val,  Pedro Alonso, Víctor Boullón, Adrián Noia, Armando Requeixo e Sagrario Torrado como secretaria,

decídese premiar as seguintes persoas:

 

INTERCAMBIO CON MONTBÉLIARD (FRANCIA) - ALUMNADO DE FRANCÉS (4º de ESO e 1º de BAC)

O prazo de inscrición para participar no intercambio con Montbéliard (Francia) programado este curso para o alumnado de francés de 4º de ESO e 1º de BAC rematará o próximo luns día 24 de outubro. Xúntase a este anuncio a documentación obrigatoria para inscribirse:

Autorización

Ficha individual

Esta documentación debe ser entregada ao profesorado do grupo correspondente ou en Vicedirección. Tamén pode ser enviada ao seguinte correo: mariadiz@edu.xunta.es

 

 

ERASMUS + FRACTURAS - PUBLICACIÓN DA LISTA DE CANDIDATOS/AS PARA A 3ª MOBILIDADE (COMO - ITALIA)

A lista de candidatos para a 3ª moblidade de Fracturas (Erasmus+) foi publicada hoxe no taboleiro do proxecto e xúntase tamén a este anuncio.

Ábrese un prazo de 7 días para reclamacións, aclaracións ou dúbidas.

Acceso á lista

 

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR - 2º CHEQUE

 

O alumnado que recibiu axuda para mercar material escolar pode pasar por secretaría, a partir do martes, 18 de outubro, para recoller o 2º cheque.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut