Esta semana visitou o noso centro o lingüísta da Ludwig-Maximilians Universität de Munic, Francisco Calvo del Olmo. O alumnado de bacharelato desfrutou dun encontro co autor que é autor de dúas novelas en galego: Crónica córnica e Unha saca de patacas, ambas editadas na Editorial Xerais.
Conversou co alumnado sobre a súa aprendizaxe de galego en Madrid, na Universidad Complutense, e o seu amor polos idiomas que o levou a ser un gran coñecedor das linguas románicas e non só. A vontade de entendernos, a autodeterminación da nosa identidade sempre en contrución, o proceso creativo ou a trama das súas novelas moi apegada á sociolingüística, foron algúns dos temas que debullou co noso alumnado.
Agradecemos a súa visita e o interese que espertaron as súas palabras.