Erasmus+ Mobilidade a Budapest
Do 25 ao 29 de setembro 2023, o noso alumnado tivo a oportunidade de disfrutar dunha experiencia no centro educativo “Europa 2000” de Budapest participando en actividades académicas, asistindo a diferentes clases bilingües e actividades culturais e sociais cos seus compañeiros de acollida, ademáis de experimentar unha integración na vida cotiá húngara por estaren nas familias de acollida.
Entre outras cousas visitaron lugares emblemáticos da historia de Hungría como o Parlamento, o hospital excavado na roca durante a Segunda Guerra Mundial e o monumento ás víctimas do Holocausto ao borde do Danubio. Ademáis probaron as augas termais, unha tarde de lecer, nun dos balnearios máis coñecidos de Budapest.
Como resultado desta experiencia, o alumnado está elaborando unha guía dixital de Budapest que será compartida con toda a comunidade educativa. Asimesmo farán diversas presentacións para os seus compañeiros no instituto.
A segunda parte deste intercambio terá lugar en Vigo en abril de 2024 que será cando recibiremos ao alumnado húngaro.