Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

 

 

2024-09-10 - Compromiso de uso responsable do transporte escolar

Poden descargar neste enlace o compromiso de uso responsable do transporte escolar.

O alumnado pode entregar o compromiso asinado pola familia xunto con unha fotografía tamaño carné na administración do centro con data límite o xoves 12.

Un saúdo

 

2024-09-09 - Listaxes definitivas de alumnado admitido no transporte escolar

No día de hoxe, 9 de setembro de 2024, publícase no taboleiro do centro a listaxe do alumnado admitido no transporte escolar para o curso 2024-2025.

As familias deberán pasar polo centro a asinar o compromiso do uso responsable do transporte entre os días 10 e 12 de setembro e traer unha foto tamaño carné do alumno/a  usuario do transporte escolar.

 

Última hora ERASMUS+

¡Última hora ERASMUS+!

Próxima publicación de convocatorias de selección de alumnado para las movilidades a realizar en el curso 2024-2025:

 

-3ESO: Intercambio de 1 semana en Timisoara (Rumanía) - 10 PLAZAS.

-> Colegiul Național Pedagogic "Carmen Sylva" Timisoara

 

-4ESO / 1BAC: Intercambio de 1 semana en Bucarest (Rumanía) - 10 PLAZAS.

-> Colegiul Național “Școala Centrală” - Bucarest

 

-4ESO / 1BAC: Intercambio de 1 semana en Amiens (Francia) - 10 PLAZAS.

-> Lycée Madeleine Michelis - Amiens

 

-2BAC: Intercambio de 1 semana en Florencia (Italia) - 10 PLAZAS.

-> Istituto Istruzione Statale Superiore A. M. Enriques Agnoletti - Sesto Fiorentino

 

Se ruega al alumnado interesado que envíe un correo electrónico formacionacun@gmail.com indicando su nombre completo y curso, y mencionando qué movilidad/es le podrían interesar, antes del viernes 13 de septiembre. 

 

2024-09-03 - Xornada de presentación

O mércores 11 de setembro terá lugar a xornada de presentación do curso no seguinte horario

Ese día o alumnado da ESO recibirá os libros de texto do fondo solidario, polo que é recomendable que traian unha mochila.

2024-09-02 - Publicación da listaxe provisional do alumnado admitido no transporte escolar

No día de hoxe publicouse no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado admitido no transporte escolar para o curso 24/25.

O período de reclamación é do 3 ao 5 de setembro, ambas as datas incluídas. Debe presentarse a reclamación en secretaría. 

A vindeira semana sairán as listaxes definitivas unha vez atendidas as reclamacións e subsanados erros que puidese haber.

 

2024-07-17 - Publicación da listaxe definitiva de fondolibros

Xa están publicadas as listaxes definitivas da adxudicación do Fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Pódese consultar a adxudicación no recibidor do instituto ou na aplicación de Fondolibros en caso de teren feito a solicitude de xeito telemático.

A entrega dos libros e os vales farase en setembro tras o comezo do curso.

 

 

Erasmus+ Mobilidade de alumnado a Amiens (Francia) - Maio 2024

 

Cathédrale Amiens 2024No mes de abril de 2024, do 10 ao 17, o alumnado de 3º, 4º e 1º de BAC viviu a experiencia de acoller nas súas casas a 14 estudantes de Amiens, Francia. O feito de compartiren unha semana de clases, actividades culturais e lúdicas resultou moi positivo para todos eles.

Así mesmo, no mes de maio, do 21 ao 28, os alumnos de Vigo desprazáronse a Amiens para realizar a 2ª parte da mobilidade. Para moitos deles supuxo a primeira saída da casa ou do país, e para todos unha oportunidade estupenda de aprenderen unha nova cultura grazas a estancia en familias e a asistir ao instituto. O resultado deste primeiro intercambio con Francia foi moi frutífero e confiamos en que se consolide no noso centro. 

 

 

2024/06/17 - Devolución de equipos informáticos de préstamo

O alumnado beneficiario do préstamo de equipos informáticos debe devolver os equipos na secretaría do centro o mércores 19 e o xoves 20 de xuño.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut