Xa está aberto o prazo para a solicitude de Fondolibros 2024/2025. Poden consultar toda a información en: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
No seguinte arquivo teñen as datas mais relevantes: FONDOLIBROS 2024
NOTA IMPORTANTE SOBRE OS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR:
a) As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, as titoras ou acolledoras do alumnado.
b) Nos casos de separación ou divorcio:
-- Con custodia compartida: a unidade familiar está composta polas persoas proxenitoras e os seus descendente comúns
-- Con custodia exclusiva: a unidade familiar está composta pola persoa proxenitora que teña a custodia exclusiva e os fillos suxeitos a esta custodia e, de ser o caso, polo novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora. Non se inclúe á outra persoa proxenitora do alumnado.
c) Os/as fillos/as menores de idade.
d) Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade que estean incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
e) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos se convivan no domicilio familiar.