Skip to Content

Actividades curso 2023-2024

Erasmus+ Mobilidade de alumnado a Amiens (Francia) - Maio 2024

 

Cathédrale Amiens 2024No mes de abril de 2024, do 10 ao 17, o alumnado de 3º, 4º e 1º de BAC viviu a experiencia de acoller nas súas casas a 14 estudantes de Amiens, Francia. O feito de compartiren unha semana de clases, actividades culturais e lúdicas resultou moi positivo para todos eles.

Así mesmo, no mes de maio, do 21 ao 28, os alumnos de Vigo desprazáronse a Amiens para realizar a 2ª parte da mobilidade. Para moitos deles supuxo a primeira saída da casa ou do país, e para todos unha oportunidade estupenda de aprenderen unha nova cultura grazas a estancia en familias e a asistir ao instituto. O resultado deste primeiro intercambio con Francia foi moi frutífero e confiamos en que se consolide no noso centro. 

 

 

Olimpíada de Química 2024

O alumnado do Club de Ciencias de 3º e 4º da ESO tivo a sorte de participar na III Olimpíada de Química organizada pola Facultade de Química da UVigo.

Desfrutaron dunha xincana con temática de química percorrendo a facultade para resolver distintas probas (incluíndo prácticas en laboratorios docentes da facultade e un scape room!).

Tamén tiveron a ocasión de coñecer alumnado doutros centros co que formaron equipo para resolver as súas probas.

Unha mañá xenial, xa temos ganas da próxima edición!

 

Visita a Space Lab 2024

A semana pasada o alumnado de 1º e 2º de bacharelato do Club de Ciencias, que tamén participou no proxecto Cansat, visitaron a UVigo SpaceLab e á Escola de Enxeñería de Telecomunicación da UVigo.

Puidemos coñecer de primeira man o traballo que realiza o equipo UVigo SpaceLab, que é un equipo multidisciplinar de estudantes universitarios e persoas investigadoras que deseñan, fabrican e operan pequenos satélites e misións espaciais. Tamén visitamos varios espazos da EE Telecomunicación da UVigo, como son a sala anecoica ou o laboratorio 5g.

Moitas grazas a todas as persoas de UVigo SpaceLab e da Escola que nos permitíchedes adentrarnos nos vosos espazos de traballo durante unhas horas, sobre todo nestas semanas de exames e moito traballo na universidade.

Moitas grazas!

Musiqueando en Moaña 2024

O pasado luns 3 de xuño desprámonos en barco ata Moaña para encontrarnos cos compañeiros/as do coro do IES A Paralaia.

Tivemos unha fermosa xornada de praia e música, xa que pola mañán disfrutamos dunha ruta sonora co músico local Xavier Blanco, ao longo das praias de Tirán, e pola tarde ofrecemos un concerto conxunto no centro de día da asociación AFAMO.

Agardamos podamos volvernos atopar noutras ocasións!

 

Concerto Escultor Acuña 2024

O pasado venres 24 de maio o alumnado de 3ºESO que participa no coro ofreceu un concerto aos alumnos de 5ª e 6º do CEIP Escultor Acuña.

Moitos dos membros do coro visitaron de novo o centro onde estudaran e tiveron a oportunidade de saudar aos seus antigos mestres. Todos coinciden en que teñen un gran recordo dos últimos cursos de primaria neste centro, ainda que lles coincidiu coas restriccións sociais por mor da pandemia polo COVID.

Temos que agradecer ao equipo de Lingua de Signos polo tremendo traballo dobrando as letras das cancións que ofrecemos en directo.

Moitas grazas ao CEIP Escultor Acuña pola gran acollida!

Reto Muiñeira 2024

Por fin chegou o día! Despois de moito ensaiar, o día 16 de maio celebramos o día da muiñeira coa nosa tradicional competición.

Foi unha mañá moi divertida, bailamos, coñecemos un pouco mellor a nosa cultura e achegámonos ás nosas tradicións. Moitos parabéns a todos o participantes, especialmente aos gañadores!

 

  

Excursión de fin de curso ao delta do Ebro para 4º ESO

O alumnado de 4ºESO foi de excursión fin de curso ao EBRO, dende o 6 de maio ata o 10 de maio. Entre as actividades nas que participaron pódense destacar: barranquismo, ruta en bicicleta, kayak e nadar con atúns. Tamén foron ó Monasterio de Pedra e a Port Aventura.

En todas as actividades en que participamos, felicitáronnos polo comportamento do alumnado.

Olimpíada Matemática de 2º da ESO 2024

Este curso, o alumnado de 2º da ESO participou na Olimpíada Matemática que organiza cada ano AGAPEMA.

Desfrutaron dunha mañá moi matemática no IES Castelao acompañados polo seu profe.

Ademais, un dos nosos estudantes clasificouse para a fase galega que se celebrará en Lugo o 23 de maio. Unha pasada!

Parabéns!

 

Visita á exposicón de Bosco Caride no MARCO 2024

O día 24 o alumnado de 4° da ESO visitou o @museomarcovigo para facer unha visita guiada á exposición de @boscocaride Indicios.

Da súa man puidemos percorrer as salas e comentar con el diferentes aspectos deste traballo. Tamén puidemos pintar no obradoiro que nos tiñan preparado e así recordar as súas clases no instituto.

O día 26 foi o alumnado de bacharelato o que tivo a sorte de visitar a exposición.

Grazas Bosco por estas xornadas inesquecibles!

Tendes as fotos na galería.

Xornada de lanzamento do CanSat 2024

CanSat é un proxecto de ESERO (a rama de divulgación da ESA), no que alumnado de secundaria, bacharelato e FP traballa na construcción dun pequeno satélite que entra dentro dunha lata de refresco, co que teñen que recoller datos para un pequeno proxecto científico.

Para elo teñen que deseñar dende cero o seu CanSat: circuíto, software, carcasa, sistema de recuperación (paracaídas)... cumprindo requisitos de tamaño, peso e orzamento, toda unha simulación de proxecto de enxeñería!

Despois de todo o curso traballando no seu proxecto, os nosos equipos, CoiaSat e Panoramix7, asistiron á xornada de lanzamento no aeródromo das Gaivotas en Cerceda que foi todo un éxito!

Deixámosvos algunhas fotos na galería!

Distribuir contido


by Dr. Radut