Dende o porto de Vigo o mércores 21 de xuño saíron 168 alumnos, 10 profesores e 5 monitores dispostos a compartir unha xornada de convivencia e lecer no entorno incomparable das illas Cíes.
Despois de subir ata o Alto do Príncipe puideron observar aves que crian e hibernan neste lugar (gaivotas patiamarelas, araos e corvos mariños). xunto á variedade de fauna e flora.
A Lagoa dos Nenos mantén viva a unión da illa de Monteagudo e a illa do Faro nun ecosistema único. Nos seus fondos areosos medran plantas acuáticas e nas calmas augas puidemos apreciar o movemento da vida: alevíns, muxos, sargos, douradas, sepias, polbos ou agullas.
Os días 12 e 19 de xuño o alumnado de 2º ESO gozou dunha xornada de piragüísmo en Bouzas. A actividade estivo organizada polo departamento de Educación Física e contou coa colaboración do Clube Kayak Vigo. O día 12 participaron 28 alumnos-as de 2º ESO A e D e o 19 foron 30 participantes dos grupos B e C.
Gozaron dunha magnífica tarde praticando un deporte que era novo para moitos deles!!
Un ano máis participamos no concurso BIG CHALLENGE.
O pasado 4 de maio, 59 alumnos e alumnas dos catro cursos de ESO puxeron a proba os seus coñecementos da lingua e cultura anglosaxona.
Os resultados foron altamente satisfactorios: Andrés Vázquez Barciela, de 2º ESO D, acadou o primeiro posto provincial do seu curso, empatado con Ismael López Gallo.
Noraboa aos gañadores de cada nivel !
Grazas a tódolos participantes. O vindeiro curso tentaremos facelo aínda mellor.
O xoves 26 de maio, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I de 1º de Bacharelato, subíu ao CUVI, para visitar a Escola de Enxeñería Industrial.
Fomos recibidos e guiados polo subdirector da Escola, Fernando Cerdeira, que nos levou a visitar o Laboratorio de Física, o Laboratorio de Automática e Electrónica, o taller do coche que vai competir na Fórmula Universidad e mais o Laboratorio de Procesos de fabricación, e en cada un deles explicoulles o traballo que fan e fixéronlles unha pequena demostración.
Ademais tamén nos informaron dos distintos graos e másters que alí se imparten. A visita resultou moi interesante e didáctica para os alumnos.
O venres 26 de maio celebramos no Salón de Actos do IES Álvaro Cunqueiro, ás 6 da tarde, o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato.
O profesor Angel Agulló lembrounos aos alí presentes o esforzo realizado polo equipo docente para procurar unha educación pública de calidade a todos os que agora rematan, asi como a necesidade de seguir adiante con ilusión para conseguir cada quen o seu soño.
Pais, nais, alumnos e profesores do centro tiveron a oportunidade de compartir impresións sobre o traballo realizado por todos eles ao longo do curso e os bos resultados obtidos.
Fai clik aquí se queres ver unha reportaxe fotográfica do acto.
Les élèves de Français de 1º BACH A-B-C ont fait un voyage culturel à Paris du 2 au 6 avril 2017. Ils ont bien évidemment visité les musées du Louvre et Orsay, ils sont allés à la cathédrale de Notre-Dame, à la Sainte-Chapelle, au Sacré-Coeur, à Trocadéro, au Moulin Rouge, à l'Opéra Garnier, ils sont montés à la Tour Eiffel et à la Grande Roue de la Concorde, ils ont pris le bateau-mouche, ils ont mangé de délicieuses crêpes, ils se sont beaucoup amusés à Disney, ils ont pris le métro de nombreuses fois… et ont aussi beaucoup marché dans les belles rues de la capitale française!
O luns 24 de abril tivo lugar unha nova xuntanza dos Clubs de Manga. Recibimos no noso centro aos alumnos dos IES Alexandre Bóveda, as Barxas e A Paralaia de Moaña, Escolas Proval de Nigrán, IES San Paio de Tui e Ricardo Mella de Vigo. Houbo un apretado programa de eventos que podedes ver nestas fotografías.
A próxima cita é no COMICON de Moaña o vindeiro venres 12 de maio.
E alí estivemos......na I Convención Comicon Intercentros. Na xornada houbo bailes (flasmob), concursos de cosplay (disfraces) e de talentos. No de talentos gañou Aida Bernárdez ,alumna de 2º de Bac, cunha canción.
Entre o 12 e o 18 de marzo 42 alumnas e alumnos de 3º de ESO realizaron unha viaxe a Jaca, estiveron acompañados por tres profesores do centro.
Gozaron dunha semana de esquí na estación de Candanchú e como actividades complementarias fixeron unha visita á Catedral de Jaca, foron patinar á pista de xeo e tamén participaron nunhas partidas na boleira.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo, e se queredes máis podedes visitar aquí a galería de fotos do centro.
O pasado 18 de abril o departamento de Bioloxía organizou unha saída para alumnos de 1º de BAC. A visista consistiu nunha ruta xeolóxica guiada polo fantástico divulgador e doutor en xeoloxía Francisco Canosa. Recoñeceron e identificaron minerais metamórficos, rochas e estruturas xeolóxicas da zona, así como os procesos que as orixinaron.
¡Agradecemos a todos o bo comportamento e interés mostrado durante a visita!