Skip to Content

Actividades curso 2016-2017

Actividades curso 2016-2017

VII Mostra Viva de instrumentos musicais

       
     
       
   

Participa e desfruta con nós na nova edición da

          Mostra viva de instrumentos musicais

   
       
  ESPERÁMOSTE !!    
       
  Fai clik aqui se queres ver unha reportaxe do evento    
       
 

 

   

Día da Ciencia en galego

       
 

O venres 4 de novembro foi o día da Ciencia en Galego. O IES Álvaro Cunqueiro celebrou esta conmemoración asistindo ao espectáculo teatral Non toques os meus círculos da Compañía Artello Teatro na sala Ártika. Asistiron os grupos de 3º de ESO. A actividade foi organizada polos departamentos de Física, Matemáticas, Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística.

 

O protagonista da obra é Arquímedes. Na representación, un único actor válese de moitas técnicas: manexa monicreques, toca o ukelele e canta ou dialoga coa súa barriga. Todo para contarnos quen foi este científico, matemático, físico e inventor grego.

  
   
       

Ven ao Magosto !!

       
     
       
 

Actividades:

        Sorriso Xogos populares para 1º de ESO organizados polo alumnado de 4º de ESO   

        Guiño Concurso de "magostoreceitas".

                               Receitas gañadoras

             Receitas gañadoras.

        Beso Música tradicional

        Canso Degustación de castañas

 
   
 

 

Reportaxe fotográfica

 

 

 

 
       

Rockbotic

         
   

 

Unha iniciativa dirixida ao coñecemento e uso dás novas tecnoloxías para lograr o desenvolvemento intelectual dos alumnos mediante o uso práctico de conceptos básicos da ciencia, a tecnoloxía, a inxeniería e as matemáticas.

O obxectivo final é que os rapaces amplien as súas capacidades e aptitudes para crear, imaxinar, descubrir e emprender proxectos no futuro.

 

 
         
 

A inscrición a esta actividade, ofertada pola ANPA,

pode facerse a partir do venres 4 de novembro.  

 

 

 

Conectamos ben?

 
O alumnado de 4º ESO asistiu o pasado 24 de outubro ao obradoiro "Conectamos ben? Mozos e mozas que se tratan ben e de = a =" organizado polo Concello de Vigo.
 
 
 

 O obxectivo é promover entre mozos e mozas as relacións afectivas baseadas no bo trato naqueles ámbitos nos que se desenvolve a súa vida cotiá: as redes sociais, o tempo de lecer coas amizades e no amor.

 

 
 

O obradoiro foi impartido pola psicóloga Ianire Estébanez e nesta ocasión o alumnado estivo acompañado polos profesores Mere Rial, Carmen Padilla e José Luis Escudero.

 

 

 

Club de Lectura do IES Álvaro Cunqueiro

       
 

Arranca o Club de Lectura de adultos do IES Álvaro Cunqueiro.

Será o luns 24 de outubro ás 18 horas

 

 
      
       
 

Comezaremos coa lectura do libro "Matar a un ruiseñor" da escritora estadounidense  Harper Lee.

Jean Louise Finch evoca unha época da súa infancia en Alabama  (EE UU), cando o seu pai, Atticus, decidiu defender ante os tribunais a un home negro acusado de violar a unha muller branca. "Matar a un ruiseñor" mostra unha comunidade dominada polos prexuizos raciais, a desconfianza cara ao diferente, a rixidez dos vínculos familiares. E cun sistema xudicial sen apenas garantías para a poboación negra.

 
     
 

 Esperámosvos o luns, 24 de outubro

 

 

 

 

O IES Álvaro Cunqueiro participa no proxecto de Telearqueoloxía

       
 

O alumnado de 2º ESO do noso centro participará ao longo deste curso nun proxecto de Telearqueoloxía que busca  poñer en valor un conxunto de traballos de investigación en formato audiovisual sobre o patrimonio arqueolóxico da provincia de Pontevedra.

 
       
 

 

O proxecto inclúe fomación no propio centro escolar a cargo de expertos en Arqueoloxía e Audiovisual. Toda a información e as bases do concurso pódense atopar na seguinte páxina da Deputación de Pontevedra.

   
       
       

Aprender idiomas

         
 

 

Dende o pasado 21 de setembro, 33 alumos-as de 4º ESO, participantes no programa municipal "Vigo en Inglés", están a realizar unha viaxe a distintas localidades de Inglaterra e Irlanda.

Aproveitarán así esta oportunidade para perfeccionar o seu coñecemento do inglés e descubrir a cultura e o sistema educativo dos países anglosaxóns.

 
         
     

 

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut