Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Contido popular
Título | Resumo | |
---|---|---|
EXCURSION DE 4º ESO E PDCI A PONTEVEDRA-O GROVE |
O pasado 28 de maio, o alumnado de 4º de ESO e PDCI puideron disfrutar dun día de excursión en Pontevedra e O Grove. Visitaron, acompañados das súas profesoras Belén Barril e María Sánchez, o Museo de Pontevedra onde puideron facer un percorrido pola historia de Galicia desde o Paleolítico ata a actualidade. Logo fixeron o "Roteiro de Castelao" pola parte antiga de Pontevedra. Tiveron un tempo libre para comer e como o tempo acompañaba algúns disfrutaron dun baño nas augas do Grove. Pola tarde realizaron unha viaxe en catamarán pola Ría de Arousa no que ademais da beleza da paisaxe puideron aprender moitas cousas sobre as técnicas de captura de mexilóns, vieiras, ostras e tamén coñecer as especies de algas que habitan a nosa Ría. Foi un día inolvidable xa que ademais tiveron un encontro con unha profesora de Lingua Española, Sara, que estivo con eles o ano pasado e á que querían moito. Un día inesquecible sobre todo para o alumnado de PDCII que tiñan moita ilusión por volver ver a sú extitora.
|
|
REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE PROFESORES |
O día 19 de xaneiro, levouse a cabo a 1ª reunión do club de lectura de profesores que se achegaron á obra "Una voz escondida" de Parinoush Saniee. |
|
CONCURSO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" |
O pasado 15 de maio, fíxose entrega en Xunqueira de Ambia dos premios do II Concurso "Falando de Solidariedade". Do noso centro resultaron gañadores os seguintes alumnos:
1º Ciclo: Francisco Morales Vidal (2º ESO): 1º premio 2º Ciclo: Elisabeth Lorenzo (PDCII): Finalista Bacharelato: Eva Quintas (1º Bacharelato): 1º premio Manuel Fernández (2º Bacharelato): Finalista
|
|
ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ |
O vindeiro 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO vai poder disfrutar do encontro co escritor Ricardo Gómez, autor de entre outras obras, "El cazador de estrellas" e "Juegos, inocentes juegos", obras de lectura obrigatoria en 3º e 4º de ESO neste 1º trimestre. |
|
QUEDADA LITERARIA IES ALLARIZ CEIP O ROSAL |
O día 27 de abril, o alumnado pertencente aoClub de lectura do CEIP O Rosal, viñeron de visita a Allariz.
|
|
XORNADA DE CONVIVENCIA INTERXERACIONAL |
O Concello de Allariz, organiza a comezos de outubro unha Semana dedicada ás Persoas Maiores. |
|
O NOSO ALUMNADO PARTICIPA NA FESTA DO BOI |
Como todos os anos, cando chega a Festa do Boi a Allariz, o alumnado de primaria e secundaria, participa nas diversas actividades de tipo cultural que hai durante a semana da Festa. Comezan na Procesión do Xan de Arzúa, onde desfilan o gremio dos Xograres e Trobadores, acompañados doutros elementos como a Tarasca...que é levada por rapaces. Logo o luns faise un "Roteiro histórico do Boi" en clave humorístico. O mércores, alumnos de primaria e secundaria protagonizan a representación teatral en monicreques da festa, que este ano ademais estivo acompañada dunha "Procesión infantil" con batucada. O xoves o maiores axudan aos maís novos a atopar pistas no xogo do "Pista Boi". Ademais, este ano algúns alumnos de bacharelato, 4º e 3ª ESO acudiron ás Tertulias Literarias en galego sobre o libro de Berta Dávila, "O derradeiro libro de Emma Olsen", e deixaron a súa pegada na cidade, xa que amosaron que o gusto pola lectura pode ir unido ao gusto pola festa e a tradición.
|
|
PRESENTACIÓN DO CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA |
Como tódolos anos, o alumnado de 1º ciclo da ESO participou na elaboración do CALENDARIO SOLIDARIO AXUNICA, guiados pola nosa compañeira Olga, que desde hai 30 anos colabora cos seus alumnos nesta causa.
|
|
EXPOSICIÓN DE LITERATURA FANTÁSTICA NA BIBLIOTECA E NOS CORREDORES DO CENTRO |
Durante o mes de novembro, haberá unha EXPOSICIÓN SOBRE LITERATURA FANTÁSTICA EN GALEGO, nos corredores do centro (paneis onde se dá información sobre o nacemento e evolución do xénero) e na BIBLIOTECA (exposición de libros de literatura fantástica en galego publicados pola editorial URCO). |
|
8 MARZO "DÍA DA MULLER TRABALLADORA" |
Para conmemorar este día, desde a Biblioteca, en coordinación cos departamentos de Linguas, proxectouse durante os 2 recreos un documental que foi rodado en Allariz que leva por título POLAS BRAVAS ,protagonizado por 6 mulleres da nosa zona que fan do "rural" o seu modo de vida.
|
|
O ESPANTALLO AMIGO |
O día 18 de maio, o alumnado de 1º ESO e 2º ESO (AE) acudiron a unha representación teatral ofrecida pola compañía "Os Quinquilláns" na Casa da Cultura de Allariz sobre a obraA esta actividade tamén acudiron os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria dos colexios de Xunqueira de Ambía e Allariz. de Neira Vilas "O Espantallo amigo" Colaboraron os 3 centros escolares e o concello coa editorial Galaxia para ofrecer esta actividade no Mes das Letras Galegas.
|
|
O NOSO CENTRO PARTICIPA NA HOMENAXE AO PÁRROCO DE VILANOVA DOS INFANTES |
Un alumno do noso centro, Gonzalo Villar de 3º ESO (PMAR) representou ao noso centro coa gravación dun fragmento do famoso poema de Curros Enríquez "A Virxe do Cristal". Nesta actividade, que organiza a "Casa dos Poetas" participaron tamén os colexios de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía, xunto con outros centros de Galicia. Preténdese facer unha homenaxe ao párroco de Vilanova dos Infantes, tristemente falecido o ano pasado, a través da lectura de distintos fragmentos da famosa obra de Curros por parte de alumnos de distintos centros que ao longo dos anos foron visitando Celanova.
Agradecemos a colaboración do noso excompañeiro, Rogelio Barbosa, que se ofreceu a facer a gravación e editala para mandala á Casa dos Poetas. |
|
TERTULIAS LITERARIAS EN CASTELÁN |
O día 7 de abril, alumnos de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato, asistiron a unha tertulia literaria sobre o libro La ley del menorde Ian Mcewan, xunto con outros centros da contorna (Xinzo de Limia, Maceda e Ribadavia) que tivo lugar no Liceo e que está organizada polo Concello de Ourense. |
|
Homenaxe á poetísa Luz Pozo Garza |
Esta mañá recibimos a triste noticia do falecemento da poetisa Luz Pozo Garza |
|
O IES DE ALLARIZ REPRESENTADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NAS VIII XORNADAS DO CLUB DE LECTURA |
O pasado 5 de xuño ,o IES de ALLARIZ, participou nas VIII XORNADAS DO CLUB DE LECTURA, que se celebraron en Santiago de Compostela. A coordinadora da biblioteca, representaou ao centro, cunha charla "CLUBS QUE CREAN VÍNCULOS", onde se falaba sobre unha das actividades que máis acollida ten entre o alumnado e profesorado do noso centro: AS TERTULIAS LITERARIAS. Desde o curso 2009-10, o noso centro, participa nas Tertulias Literarias que organiza o concello de Ourense no Liceo, no 2º e 3º trimestre que consisten na lectura dun libro en galego e outro en castelán e na celebración conxunta de varios centros da Tertulia. Desde o curso 2011-12 lévanse organizando unhas TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ, que contan con 2 modalidades: presencial e radiofónica, na que o alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato, participan de bo grado. No vindeiro curso queremos facer extensible esta actividade aos colexios de primaria, organizando unha tertulia conxunta para o último ciclo de primaria e o 1º ciclo de secundaria.
Desde o IES, AGRADECEMOS a colaboración do profesorado, alumnado, Concello, asociacións culturais, librarías e en especial a RADIO ALLARIZ que nos permite facer máis atractiva esta actividade.
|
|
SAMAÍN |
|
|
HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS |
No IES de Allariz,tivemos a sorte de contar coa súa presenza hai 3 anos, cando veu inaugurar unha nova actividade que comezamos a desenvolver a través do club de lectura. Apadriñou as nosas "Tertulias Literarias" co seu libro máis emblemático "Memorias dun neno labrego". Hoxe queremos rendirlle unha homenaxe no noso centro a través dunha exposición da súa numerosa obra, na nosa biblioteca
|
|
PERCORRIDO POLA VILA DE ALLARIZ |
O día 13 de abril, o alumnado de 2º ESO fixeron un percorrido pola vila de Allariz, acompañados por varios profesores do IES e guiados por Ramiro, que dun xeito moi lúdico lles foi explicando ao alumnado como era a estrutura da vila medieval e os lugares máis destacados de Allariz.
|
|
CONCEDIDAS AS AXUDAS Á BIBLIOTECA DO PLAMBE E O CLUB DE LECTURA |
Desde o ano 2008-2009 a Biblioteca do noso centro participa no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) e tamén no Club de Lectura, dos que recibimos importantes achegas económicas, que xunto coa a asignación anual do centro, nos permite poder levar a cabo diferentes actividades de animación á lectura (Tertulias Literarias, Obradoiros, Excursións didácticas, Encontro con autores...). Neste curso 2015-2016, a Biblioteca recibíu as seguintes contías económicas: PLAMBE: 1.025 CLUB DE LECTURA: 1.285
Pódese acceder aos textos das correspondentes convocatorias nos seguintes enlaces:
https://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/20150909_bibliotecas.pdf
https://www.edu.xunta.es/portal/sites/web/files/resol_clubslectura_1516_final.pdf |
|
OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL QUIJOTE" PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO |
O Pasado 13 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiron á Casa da Cultura a un obradoiro de animación á lectura sobre "El Quijote" a cargo de Raquel Queizás. Iníciase así o ciclo de actividades que a biblioteca, en colaboración cos departamentos didácticos, organiza para conmemorar o "Mes do Libro". A esta actividade tamén asistíu o colexio de primaria "Padre Feijoo", co que colaboramos desde o IES e a biblioteca ao longo do curso.
|
|
ORZAMENTO DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2015-16 PROCEDENTE DO PLAMBE E O CLUB DE LECTURA |
Desde a Biblioteca do IES de Allariz, sentímonos |
|
23 de Abril: "Día do Libro" |
Este ano 2020 vai ser inesquecible por moitos motivos e desde o noso centro queremos conmemorar tamén o "Día do Libro" dun xeito distinto. Ás veces a distancia únenos e así a comunidade educativa do IES de Allariz parece xuntar esforzos para que esta situación sexa o máis levadeira posible para tod@s. Por iso, desde a Biblioteca propomos unha actividade creativa que denominamos "LIBÉRATE CON LIBROS", polo valor simbólico que nestes momentos ten o verbo "liberar" na que poidamos facer recomendacións de lecturas que dalgún xeito axudaran a levar este tempo de confinamento dun xeito máis agradable. Quen mellor que Olga, profesora do departamento de Lengua Española, para exemplificar a actividade. "El confinamiento me ha traído tiempo de regalo y estoy releyendo "Cien años de Soledad" en una edición preciosísima, regalo de una amiga muy querida. He vuelto a visitar Macondo y a escuchar las mágicas historias de la famila Buendía..." Un placer muy recomendable !!! |
|
EXCURSIÓN A CELANOVA |
O pasado 14 de outubro, o alumnado de 2º de ESO do IES de Allariz, compartíu unha xornada de convivencia en Celanova co alumnado de 6º de primaria do CEIP Padre Feijoo.
|
|
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" 2015 |
Desde hai 3 tres anos, vimos realizando no noso centro un concurso de postais de Nadal.
|
|
A BIBLIOTECA NO CURSO ESCOLAR 2015-16 |
Comeza un novo curso escolar. Seguindo o Lema da Biblioteca Escolar deste ano: "Biblioteca Escolar, base de exploracións"
ANIMÁMOSVOS A QUE PARTICIPEDES nas nosas actividades:
1. CLUB DE LECTURA
2. TERTULIAS LITERARIAS
3. VISITAS CULTURAIS
4. OBRADOIROS DE ANIMACIÓN Á LECTURA
5. EXPOSICIÓNS....
E MOITAS MÁIS....
BENVIDO/AS A TODO/AS |