Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Contido popular
Título | Resumo | |
---|---|---|
ENCONTRO CON SABELA NÚÑEZ SINGALA: "O AGASALLO DE ANYA" |
O noso alumnado de 1º de ESO e PMAR puido disfrutar o luns 4 de abril, do encontro con Sabela Núñez Singala, autora de O agasallo de Anya, obra que traballaron durante o 2º trimestre e que ten un gran contido de solidariedade.
|
|
CONCURSO LITERARIO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" |
O CEIP PADRE CRESPO de Xunqueira de Ambía convoca o I CONCURSO DE DEBUXO, CONTO E RELATO en Memoria de Celtia e Eva. Este concurso vai dirixido aos centros educativos da zona, nos que nos incluímos. Colaboran ademais os Concellos de Xunqueira de Ambía e Allariz, a Libraría Aira das Letras e as Bibliotecas do contorno. As bases pódense consultar no documento adxunto. |
|
OBRA DE TEATRO PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º BACHARELATO: "NO QUIERO SER DULCINEA" |
O vindeiro 29 de abril, e dentro das actividades que se van realizar para conmemorar o Día do Libro, desde o departamento de Lengua Española, ofréceselle ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato a posibilidade de asistir a un espectáculo teatral no propio centro que leva por título "NO QUIERO SER DULCINEA". Está é un pequeno adianto do que vai tratar o espectáculo: No quiero ser Dulcinea... PRESENTACIÓN No quiero ser Dulcinea..., no quiero ser la mujer que ellos quieren que sea.
El canón literario de la literatura española,- escrita casi en su totalidad por hombres hasta bien entrado el siglo XX,- retrata a la mujer como hija, como amante, como esposa..., ¿lo hace acaso como "persona"? Desde la idealización exacerbaba de la Dulcinea del Quijote, hasta la cruda encarnación de la mujer educada durante la dictadura franquista, el espectáculo No quiero ser Dulcinea... trata de ahondar en una compleja reflexión: la visión que de la mujer han ofrecido las obras más sobresalientes de nuestra literatura. En menos de una hora veremos pasar ante nuestros ojos a Melibea, a Rosaura, a Dña. Inés, a Ana Ozores, a la tía Tula, a Yerma, a Carmen Sotillos. Un recorrido cronológico y vital de la mujer desde la Edad Media hasta mediados del siglo XX. Cada cual con su drama personal, con sus anhelos y frustraciones, con sus imposiciones y ataduras sociales. Iremos guiados y conducidas de la mano de la "inigualable" Dulcinea... ¿del Toboso? Quizá esta Dulcinea no sea tan quijotesca y sí mucho más real.
¿Son todas estas mujeres reales y de carne y hueso? ¿Son fruto de la época que les tocó vivir? ¿Son como quisieron ser, o como ellos quisieron que fuesen?
|
|
TERTULIAS LITERARIAS SOBRE "EL LECTOR DE JULIO VERNE" de ALMUDENA GRANDES |
O vindeiro 20 de maio, algúns alumnos de 1º de bacharelato e 4º ESO asistirán a unha tertulia literaria en castelán sobre a obra "El lector de Julio Verne" de Almudena Grandes, que terá lugar no Liceo de Ourense. No documento adxunto podedes consultar un material interesante que elaborou, Dolores, profesora de inglés e membro do equipo de biblioteca, sobre a obra.
|
|
TERTULIAS LITERARIAS EN OURENSE |
O día 20 de maio, algúns alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistiron ao Liceo de Ourense a unhas tertulias literarias sobre a obra de Almudena Grandes, "El lector de Julio Verne" acompañados das súas profes Sara, Susana e María. A actividade completouse cunha visita a unha exposición de pintura no Museo Municipal, onde o propio pintor "Cachaldora", acompañado dun compositor, lle ofreceu un obradoiro aos rapaces. Tamén puideron ver unha exposición de cómic que lles gustou moito . |
|
DÍA DE SAN VALENTÍN NO IES DE ALLARIZ |
No noso centro quixemos celebrar este ano o Día de San Valentín con música e poesía. O día 12 de febreiro, o departamento de francés, dirixido por Pilis, organizou unha actividade relacionada con cancións de amor en francés. Durante os 2 recreos, puidemos disfrutar coa música e tamén coa contemplacion duns fermosos corazóns cheos de "letras de amor". Por outra banda, o dia 13, venres, o departamento de Lingua Castelá, en coordinación coa Biblioteca, organizou unha "Exposición de Poemas de amor decorados" que tivo moito éxito. A actividade consistíu en que o alumnado buscou poemas de amor de escritores famosos en galego, castelán, francés e inglés e decoráronos cada un ao seu xeito. Logo expuxéronse nos corredores do centro para que cadaquén elixise o que máis lle gustase e puides e agasallar á persoa que quixeran. |
|
TERTULIAS LITERARIAS CON FRANCISCO CASTRO |
Onte, 26 de novembro, reunímonos na Casa da Mocidade os clubs de lectura de 5 centros educativos (IES Allariz, Maceda, Bande, IES Lagoa de Antela e IES Cidade de Antioguía de Xinzo de Limia) para asistir a unha tertulia literaria sobre a obra de Francisco Castro "O corazón de Branca de Neve". A actividade resultou moi ben e o alumnado puido disfrutar dunha tertulia radiofónica e tamén do encontro co autor. Foi moi amena e todos participaron de xeito activo.
|
|
TERTULIAS LITERARIAS NO LICEO DE OURENSE SOBRE A OBRA DE CLARA SÁNCHEZ "LO QUE ESCONDE TU NOMBRE" |
O pasado martes, 3 de febreiro algúns alumnos de 1º e 2º de bacharelato e 1 de PDCII acudiron a unhas tertulias en castelán no Liceo de Ourense sobre a obra de Clara Sánchez "Lo que esconde tu nombre". Estiveron acompañados do alumnado do IES "Lagoa de Antela" de Xinzo de Limia e tamén do IES "Ferro Couselo" de Ourense. Coma sempre foi unha actividade da que disfrutamos moito tanto alumnos como profesores a pesar de que as condicións climatolóxicas este ano non eran moi boas. |
|
ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO NA BIBLIOTECA |
Hoxe, 7 de abril, visitará o noso centro, o escritor galego MARCOS CALVEIRO, autor entre outras obras de "O pintor do sombreiro de Malvas", "Todos somos con Natalia", "O Carteiro de Bagdad", que están lendo os nosos alumnos de 2º ciclo e 1º ciclo da ESO respectivamente. Nesta ocasión, centrarase na súa obra "Todos somos con Natalia", lectura obrigatoria para o alumnado de 3º ESO O encontro terá lugar na BIBLIOTECA do centro de 9:30 a 10:20.
|
|
INICIO DO CURSO 2014-15 |
Iniciamos este novo curso 2014-15. Desde a Biblioteca dámosvos a benvida a tod@s e desexamos que vos animedes a participar nas actividades que vos propoñemos:
CLUBES DE LECTURA (1º, 2º ESO) TERTULIAS LITERARIAS (3º, 4º ESO e 1º Bacharelato) OBRADOIRO DE RADIO OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA
|
|
Eva Cid Rivas comenta "O MEU NOME É NINGUÉN" de Manuel Esteban |
O pasado 4 de febreiro un grupo de alumn@s de 3º ESO e 1º de bacharelato do noso centro, asistiron, xunto con outros centros da provincia, á tertulia literaria no Liceo de Ourense sobre a obra O meu nome é ninguén e ao posterior encontro co seu autor Manuel Esteban. Eva Cid Rivas, alumna de 1º de bac, fixo un brillante comentario que se pode ver no documento adxunto. |
|
SEMANA DA BIBLIOTECA NO IES DE ALLARIZ |
Neste curso, para celebrar o Día da Biblioteca (24 de outubro) organizáronse, en colaboración co concello de Allariz, a Fundación Vicente Risco e os colexios de primaria de Allariz e Xunqueira de Ambía, unha serie de actividades: DÍA 24: Obradoiro de animación á lectura sobre o conto de Vicente Risco "Do caso que lle aconteceu ao Dr.Alveiros" para o alumnado de 1º ESO. Charla ás 8:30 na Fundación Vicente Risco sobre "A biblioteca escolar como Biblioteca de barrio".
DÍA 29 Excursión do alumnado de 2º ESO a Celanova para visitar a Biblioteca do Mosteiro, o Mosteiro, a Casa dos poetas, Vilanova dos Infantes. Fíxose en coordinación co colexio de primaria. |
|
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO |
Hoxe, 16 de maio, no noso centro vanse realizar varias actividades para conmemorar o "Dia das Letras Galegas". En cada un dos recreos haberá unha lectura de poemas do autor homenaxeado, Xosé María Díaz Castro, por parte de alumnos de PDCII. Na última hora, un grupo de alumnos de 3º de ESO farán unha recreación dun episodio do "Quixote", dirixidos polo noso compañeiro Pilis. |
|
ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS |
O día 16 de maio, o alumnado do noso centro participou en varias actividades:
MAÑA:
1. Lecturas de poemas de Xosé María Díaz Castro na Biblioteca durante o 1º e 2º Recreo. 2. Dramatización en clave de humor dun episodio do "Quixote" que levaron a cabo 5 alumnos dirixidos polo profesor Pilis.
TARDE:
3. Entrega de premios aos gañadores e finalistas do concurso literario organizado polo CEIP PADRE CRESPO de Xunqueira de Ambía "Falando de Solidariedade" ao que asistirion alumnos da ESO e Bacharelato e tamén algún profesores do centro.
|
|
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE MATERIAL PARA OS REFUXIADOS |
|
|
OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL QUIJOTE" PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º ESO |
O Pasado luns, 13 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO asistiron a un obradoiro de animación á lectura na Casa da Cultura de Allariz, a cargo de Raquel Queizás sobre a obra "El Quijote". Iníciouse así o ciclo de actividades que vai organizar a Biblioteca en colaboración cos departamentos didácticos para conmemorar o "Mes do Libro". Nesta actividade tamén participou o colexio de primaria Padre Feijoo, co que colaboramos estreitamente desde a Biblioteca.
|
|
SEMANA DOS MAIORES NO IES DE ALLARIZ |
O pasado 1 de outubro, o alumnado de 4º de diversificación participaron nunha actividade de convivencia con persoas mairoes , organizada polo concello de Allariz. O obxectivo era facer un percorrido pola historia do curtido en Allariz. Partíuse da Fábrica de Coiro e visitáronse varias aldeas nos que este tipo de actividades se desenvolveron con bastante éxito en épocas anteriores: Vilar de Flores, Meire, Vilaboa...
|
|
MORREU UN DOS GRANDES DA LITERATURA HISPÁNICA |
O 17 de abril, a piques de celebrarnos o día do Libro, morreu un dos grandes autores da nosa literatura. Gabriel García Márquez, deixando tras del unha grande cantidade de obras literarias e un premio nobel de literatura no ano 1982. Queremos ofrecerlle unha homenaxe desde o noso centro a esa grande figura das letras hispánicas. |
|
FESTA DO BOI 2015 |
Onte, 31 de maio, celebrouse a "Procesión do Xan de Arzúa" na que participan alumnos e profesores do noso centro. Pola tarde, houbo unha presentación de "Bailes" e "Sobremesas" dos diferentes gremios. Foi unha actividade moi animada á que asitíu moita xente da vila e dos arredores.
31 de maio: "Procesión de Xan de Arzúa"
1 DE XUÑO "ROTEIRO DO BOI" 3 DE XUÑO "OS MONICREQUES"
ESTUDO CIENTÍFICO DO BOI DO DO ALUMNADO DE BIOLOXÍA 1º BAC
|
|
ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA PARA CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO |
O vindeiro 13 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO asistirán a un obradorio de animación á lectura a cargo de Raquel Queizán na Casa da Cultura do Concello sobre a obra "El Quijote".
O día 29 de abril o alumnado de 3º ESO e 1º de bacharelato asistirán a unha representación teatral no Teatro Principal de Ourense sobre "El Quijote". |
|
ENCONTRO CON RICARDO GÓMEZ |
O día 12 de novembro, o alumnado de 3º e 4º ESO tiveron a oportunidade de coñecer a Ricardo Gómez, autor das obras que leron durante este trimestre na materia de Lengua Española. Foi unha actividade entretida, na que o alumnado interactuou co autor moito, tendo a oportunidade de poder entender mellor as obras lidas. |
|
CAMPAÑA DE NADAL |
Como todos os anos, o vindeiro día 15 de decembro, da inicio a tradicional CAMPAÑA DE NADAL que rematará o día 9-01-2015 Poderanse levar en préstamo 5 libros.
Animávosvos a TODOS a que pasedes pola BIBLIOTECA. |
|
CHARLA CON ALFONSO MASCUÑANA BORDAS |
O vindeiro, venres 15 de abril, haberá unha actividade na que participan os colexios de primaria e o instituto, o concello, a libraría Aira das Letras e Radio Allariz.
|
|
25 de NOVEMBRO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO |
O alumnado de 2º de ESO e 4º de ESO realizaron uns fermosos traballos nas materias de Educación para a Cidadanía e Ética coa súa profesora María de Toro. Mañá, a terceira hora, farán unha lectura na Biblioteca daqueles textos máis representativos que logo serán lidos en público na praza do concello ás 12:00. O IES quixo unirse á homenaxe que outros colectivos da vila lle queren render a tantas mulleres que sofren "Violencia de xénero". |
|
ACTIVIDADES AO REDOR DO DÍA DO LIBRO 2014 |
Ao longo destas dúas semanas realizaranse no centro diversas actividades relacionadas co Dia do Libro: - Exposición das novidades adquiridas para a biblioteca. - 23 abril: Recollida dos relatos que se van presentar ao Concurso "Falando de Solidariedade" cuxos premios se darán o día 16 de maio. - 29 abril: Representación teatral "NO QUIERO SER DULCINEA" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato. |
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »