Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 33, Allariz
ies.allariz@edu.xunta.gal
988 788 001
Contido popular
Título | Resumo | |
---|---|---|
A Biblioteca do IES segue a traballar! |
A pesar dos difíciles momentos polos que estamos pasando, desde a BIBLIOTECA do IES de ALLARIZ, seguimos traballando para ofrecerlle a toda a comunidade educativa novidades e información sobre RECURSOS relacionados coa LECTURA e a CULTURA en xeral (cine, arte, libros, música...) que poidan acompañar nestas longas xornadas de cuarentena. Pódense consultar tamén nos arquivos adxuntos. |
|
20 de MAIO "DÍA DA SOLIDARIEDADE EN ALLARIZ E XUNQUEIRA DE AMBÍA" |
O día 20 de maio de 2016 foi un día moi especial para o noso centro. Por unha banda, fíxose a despedida do grupo de rapaces de 2º de Bacharelato que se graduaron e quixeron celebralo cos seus profes. Pero tamén foi un "Día Solidario", de unidade entre os centros escolares de primaria e secundaria de Allariz e Xunqueira de Ambía e tamén doutros centros que participaron na"Entrega de Premios" da 3ª edic ión do "Concurso Falando de Solidariedade" que tivo lugar en Xunqueira de Ambía. Este ano, ademais das actividades incluidas dentro da Programación da Entrega de premios, os centros escolares decidiron realizar nos seus centros tamén outras actividades relacionadas coa solidariedade, dentro das materias que estudan. Pola Mañá, dentro do horario lectivo, realizáronse as seguintes actividades no IES: Así o alumnado de Bacharelato, na materia de filosofía e en coordinación coa Biblioteca e co departamento de Galego, fixo unha sesión de "Contacontos solidaria" na gardería, partindo da adaptación dun conto do libro de Francisco Castro e Fina Casalderrey "O neno can". Sandra, unha alumna de 1º de bacharelato, elaborou uns monicreques e un decorado pàra representar este conto. Os actores foron algúns alumnos de 1º de bacharelato que divertiron coa súa actuación os neniños. Por outra banda, outro grupo de alumnos de bacharelato e 1 alumna de PMAR, axudados polo profesor de música, Daniel , adaptaron un conto de E.Blanco Amor sobre a emigración para os "maiores da residencia de anciáns", acompañados de música e recitaron un poema de Rosaalía de Castro, ademais de cantar cancións novas e vellas . Foi un encontro "interxeracional" precioso que permitiu achegar estas 2 franxas de idade. O alumnao de PMAR e 2º de ESO asistiron ao encontro con Francisco Castro para falar do libro que traballaron na materia de lingua galega "O neno can". A xornada conitnuou cunha "Comida compartida" con alumnos do club de lectura do IES Cidade de Antioguía á beira do río en Xunqueira de Ambía. Pola tarde, realizaron unha visita guiada pola colexiata de Xunqueira e puideron coñecer como funciona o seu órgano. Ademais, tamén asisitiron a unha charla sobre a situación actual dos Campamentos Saharauis. Finalmente, levouse a cabo a entrega de premios de infantil, primaria e secundaria do Concurso de relato e debuxo, que estiveron acompañados de numerosas actividades de animación á lectura a cargo da actriz Raquel Queizás, a nosa compañeira de galego, Laura Iglesias que ademais de profe é unha estudpenda ilustradora, e o músico Fran Amil que amenizou a tarde os máis cativos. A xornada rematou cunha "Merenda Solidaria", onde cada un achegaba algo de diñeiro que irá destinadao a fins sociais dos concellos de Allariz e Xunqueira.
|
|
PROXECTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR CURSO 2015-2016: "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" |
|
|
DÍA DA BIBLIOTECA: "MEMORIAS DUN NENO LABREGO" |
O pasado 23 de outubro e, dentro das actividades que se organizaron para conmemorar o "Día da Biblioteca", o alumnado de 1º, 2º ESO, asistíu á Casa da Cultura do Concello de Allariz, para ver a adaptación que Cándido Pazófixo da famosa obra de Neira Vilas "Memorias dun neno labrego". |
|
Homenaxe a Margarita Salas |
O pasado 7 de novembro, deixounos a grande científica Margarita Salas, coincidindo tamén coa data de nacemento doutra científica Marie Curie. Casualidades da vida!. |
|
UN AGASALLO DE NADAL PARA OS COLABORADORES DA BIBLIOTECA |
A responsable da biblioteca quixo agasallar aos seus colaboradores da Biblioteca cunhas lambetadas. |
|
ACTIVIDADE CONXUNTA EN ALLARIZ SOBRE A PROBLEMÁTICA DOS REFUXIADOS |
O pasado día 15 de abril, venres, na vila de Allariz, organizouse unha actividade conxunta entre os <icentros escolares de primaria, a libraría Aira das Letras, o concello de Allariz e a Asociación Allariz c@s refuxiad@s .
|
|
2 de Abril: "Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil" |
Hoxe, 2 de abril de 2020, celébrase o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil". Desde as Bibliotecas Escolares de Galicia, séguese traballando, aínda desde a casa. |
|
EXCURSIÓN DIDÁCTICA A SANTOMÉ E OSEIRA E OBRADOIRO SOBRE "O SEGREDO DOS FRANCISCANOS" |
O día 21 de outubro e dentro das actividades que estamos organizando polo mes da Biblioteca, o alumnado de 3º ESO, acompañados de Manuela e María, realizaron as seguintes actividades:
|
|
PRESENTACIÓN DO LIBRO "O MUNDO SECRETO DE BASILIUS HOFFMANN" |
O vindeiro luns. 16 de novembro, farase no salón de actos do noso centro de 16:50 a 17:40 a presentación do libro
O mundo secreto de Basilius Hoffman. O ladrón de soños (club de lectura de 3º e 4º ESO)
çse vai traballar no club de lectura, ao alumnado de
|
|
OBRADOIRO DE ANIMACIÓN Á LECTURA SOBRE "EL LAZARILLO DE TORMES" |
O noso alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato inicia o trimestre cunha actividade de animación á lectura sobre "El Lazarillo de Tormes", libro que leron durante o 2º trimestre.
|
|
REUNIÓN CLUB DE LECTURA 2º CICLO |
Os alumnos do club de lectura de 2º ciclo de ESO reuníronse coa súa profe para comentar as obras que leron durante este trimestre sobre literatura fantástica.
|
|
POSTAIS GAÑADORAS NO CONCURSO "FALANDO DE SOLIDARIEDADE" 2015 |
O día 18 de decembro, durante o Festival de Nadal, a nosa compañeira Rebeca, fixo entrega dos premios ao alumnado gañador do concurso "Falando de Solidariedade".
1º ciclo: Raguía Añel Fernández (1º ESO A) 2º ciclo (Accésit á orixinalidade): Lucía Calviño Fernández (PDCII)
|
|
O MES DE OUTUBRO DEDÍCASE Á BIBLIOTECA |
|
|
Día 3 de Decembro: "DÍA DA DISCAPACIDADE" |
Hoxe, 3 de dembro, celébrase o DÍA DA DISCAPACIDADE.
persoas que loitan cada día para sobrevivir, afrontando as dificultades con valentía. Pódense consultar libros e películas relacionadas co tema.
|
|
CAMPAÑA DE LECTURA DE NADAL |
Esta Semana iníciase a CAMPAÑA DE LECTURA DE NADAL 2019 na Biblioteca. Lembra que podes levar ata 5 LIBROS para as vacacións. Data de inicio 16/12/2019/Data de remate: 10/01/2020
|
|
Tertulias literarias en Allariz |
O pasado 16 de xaneiro algúns alumnos de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato asistiron, xunto con outros alumnos dos centros Universidade Laboral de Ourense e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo á tertulia literaria sobre a obra de Arantxa Portabales "Beleza Vermella" nas dependencias de "RADIO ALLARIZ". Os alumnos visitantes aproveitaron para coñecer a nosa vila. Foi unha actividade realmente interesante. |
|
Tertulias literarias en galego en Ourense |
O día 30 de xaneiro, algún alumnos do noso centro, acompañados de 2 profesoras, asistiron a unha Tertulia Literaria en Galego no Liceo de Ourense sobre a obra "O meu nome é ninguén" de Manuel Esteban e ao posterior encontro co autor. Foi unha actividade moi interesante e produtiva. Animamos a seguir participando a máis alumnado. |
|
30 XANEIRO "DÍA DA PAZ" |
Este ano, o día 30 todos os alumnos do noso centro, traballaron cos seus titores un Manifesto sobre a Paz que estaba cheo de boas reflexións. |
|
TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ |
O día 1 de decembro, algúns alumnos de 1º de bacharelato e 4º ESO, asistiron á Tertulia Literaria sobre a obra de Inma López Silva"Aqueles días en que eramos malas", xunto con outros alumnos procedentes de varios centros escolares (IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, IES Maceda, IES de Viana do Bolo, Universidade Laboral de Ourense). |
|
SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE PROFES |
O día 14 de abril, os profesores que pertencen ao club de lectura, reuníronse para comentar a obra de Antón Riveiro Coello Os elefantes de Sokurov.
|
|
" CONCURSO FALANDO DE SOLIDARIEDADE" |
O 20 de maio, os centros escolares de Allariz (CEIP Padre Feijoo, IES de Allariz) e Xunqueira de Ambía (CEIP Padre Crespo), organizan a Entrega de Premios da 3ª edición do Concurso "Falando de Solidariedade", que este ano ten como temática "Os movementos migratorios". Este acto terá lugar en Xunqueira a partir das 17:30 da tarde e nel inclúense varias actividades de animación á lectura destinada a rapaces dos distintos niveis educativos (infantil-bacharelato). Ademais, nos distintos centros pola mañá vanse organizar varias actividades tamén que teñen que ver co tema da solidariedade. Os alumnos de 1º de bacharelato, van realizar unha sesión de contacontos na gardería e na residencia de anciáns de 11:30-12:30. Ademais, o alumnado de 2º de ESO e PMAR asistirá ao encontro con Francisco Castro para falar do libro "O neno can" que se traballou durante o 3º trimestre e ten unha temática relacionada cos dereitos da infancia. Pódese consultar o programa de actividades no adxunto.
|
|
EXCURSIÓN DE RELIXIÓN O 18 E 25 DE ABRIL |
18 DE ABRIL 1º CICLO DA ESO
25 ABRIL 2º CICLO DA ESO E BACHARELATO
|
|
CLUB DE LECTURA PROFESORES 2016-2017 |
Parece que está acadando éxito a actividade do club de lectura de profes porque este ano estamos apuntados 15 profes, algúns dos cales, non están no noso centro pero continúan participando nas reunións que imos facer ao longo do curso. |
|
Guía de Lectura de Nadal 2018 |
a estamos no Nadal e é tempo de lecer e de descansar do traballo realizado durante este trimestre. Desde a Biblioteca queremos animarvos a que disfrutedes das vacacións na compaña dun bo libro. Para iso organizamos unha campaña de Nadal no que cada membro da nosa comunidade educativa pode levar ata 5 libros durante un periodo dun mes (11/12/18-11/01/19). Para axudarvos nas vosas eleccións elaboramos esta guía de lectura na que aparecen títulos suxerentes e atractivos para todos os gustos e idades |