O ALUMNADO DE BACHARELATO COÑECE OUTRO VIGO, O VIGO REBELDE

O pasdo xoves 21 de Abril de 2022 o alumnado de 1º de bacharelato descubriu outro Vigo, o Vigo Rebelde da man de Xurxo Martínez González.

 

 

DIRECTRICES SOBRE O USO DA MASCARA NO ÁMBITO EDUCATIVO

Achégase no seguinte link as directrices da Xunta de Galicia sobre as máscaras nos centros escolares.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022-2023

As listaxes provisorias de admisión para o curso 2022/2023 atópanse no taboleiro de anuncios do centro. Por mor da lei de protección de datos non poden ser subidas a web do instituto.

O prazo de reclamacións contra estas listaxes é do 25 ao 29 de abril, ambos incluídos.

As listaxes definitivas publicaranse o 13 de maio.

PRESENTACIÓN DO LIBRO "P(R)O(BL)EMAS DE LA VIDA"

Os venres 18 e 25 de marzo o alumnado de 1º de bacharelato e 3º de ESO asistiu en distintas quendas á presentación do libro escrito pola nosa alumna Ingrid Caamaño Tubío e publicado por Platero Editorial. 

Un motivo de orgullo para o noso centro. Parabéns Ingrid!

                              

 

PROBAS PISA 2022

O noso centro foi seleccionado para realizar a proba PISA 2022. Achégase unha nota informativa con información xeral para as familias.

 

BECAS MEC (BACHARELATO-UNIVERSIDADE-FP)

Infórmase que este ano o prazo para a solicitude de beca para os niveis postobrigatorios adiántase: do 30 marzo ata o 12 de maio. 

Toda a información atópase neste link.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

O proceso de admisión de alumnado comeza po próximo 1 de marzo ata o 21 de marzo inclusive. As datas importantes do proceso atópanse neste arquivo.

As vacantes para o curso 2022-2023 son as seguintes.

INFORMACIÓN DA POLICÍA LOCAL DE VIGO SOBRE O CINTO DE SEGURIDADE NO TRANSPORTE ESCOLAR

A policía local de Vigo achegounos información sobre o uso do cinto de seguridade no transporte escolar.

O non uso do cinto pode acarrear consecuencias legáis, respondendo os páis ou titores legáis.

Conferencia a cargo de Eduardo Saénz de Cabezón

O pasado venres 11 de febreiro o alumnado de bacharelato de ciencias acudiu a unha conferencia impartida polo matemático e divulgador científico Eduardo Saénz de Cabezón. A conferencia foi organizada polo noso centro, o IES República Oriental do Uruguai, e o IES Carlos Casares. A Universidade de Vigo colaborou con nos falicitándonos o espazo para a celebración do evento (neste caso o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais).

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Publicado no DOG do 31 de Xaneiro de 2022 as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o ano 2022.

O prazo de solicitude abarca dende o 1 ao 28 de Febreiro.

 

Distribuir contido