Conferencia a cargo de Eduardo Saénz de Cabezón

O pasado venres 11 de febreiro o alumnado de bacharelato de ciencias acudiu a unha conferencia impartida polo matemático e divulgador científico Eduardo Saénz de Cabezón. A conferencia foi organizada polo noso centro, o IES República Oriental do Uruguai, e o IES Carlos Casares. A Universidade de Vigo colaborou con nos falicitándonos o espazo para a celebración do evento (neste caso o salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais).